OS PEÑISTAS DO DEPOR PIDEN : “EXPLICACIÓNS EN ROLDA DE PRENSA DAS MEDIDAS QUE SE VAN A TOMAR E MANDARÁN UNHA CARTA A ESCOTET DAS DECISIÓNS TOMADAS NA XUNTANZA DAS PEÑAS, EN CASO DE NON HABER RESPOSTA MOBILIZARASE AO DEPORTIVISMO”.

O Deportivismo ten voz.

 

Tal e como vos apuntábamos esta tarde había unha xuntanza de urxencia no local da Federación de Peñas do RC Deportivo, no Pavillón de Deportes de Riazor, motivada pola dimisión en masa do Concello de Administración do clube na noite de onte.

A cita acudiron representantes de 70 peñas, Riazor Blues e Old Faces, e despois de ter contacto co club través dunha conversación con David Villasuso, decidiuse por unanimidade, realizar, “un comunicado esixindo ao clube que se informe a  todos os afeccionados, través dunha rolda de prensa, das medidas que teñen pensado tomar dada a urxencia da situación”, coméntannos dende a nosa Federación de Peñas, que coma tódolos peñistas presentes na reunión, e tamén os que non estiveron, “cremos que a forma de comunicación do club non é a correcta para todo o Deportivismo”.

Tamén nos comentan dende o ente federativo das peñas que se “enviará unha carta certificada ao Sr Escotet como máximo accionista, para comunicarlle as decisións que tomamos na devandita reunión”.

A esta misiva daráselle, “un prazo curto de tempo, para a contestación ao devandito comunicado, e no caso de que non haxa resposta, sopesaremos outras accións, entre elas a mobilización masiva de todo o Deportivismo”.

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies