A INXUSTA E INEXPLICABLE “CARTA DE DESPIDO” A RUBÉN DE LA BARRERA CHEGOULLE POR SORPRESA.

Rubén sufrindo na rolda de prensa de Castalia.

 

Os aires de forza que trouxo Rubén de la Barrera, (unha vez máis), deron esperanzas a todo o deportivismo, e só unha tarde mala privou de estar loitando as vindeiras duas fins de semana polo ascenso. De seguro que de ser contratado un mes antes do que foi, o equipo estaría ascendido, pero unha mala xestión cos adestradores e a tardanza na destitución de Óscar Cano levounos a ter que estar un ano máis fora do fútbol profesional.

Explicou esta mañán De la Barrera en Radio Coruña, que estaba ceando cando Villasuso lle dixo que tiña que velo, encontráronse  e contoulle, “que o consello de administración dimiteu en pleno e decidiron non contar con él como adestrador”. O motivo esgrimido, “o non ascenso de categoría”.

Rubén, unha vez máis maltratado polo Consello de Administarción do RC Deportivo, dixo que se o chamasen que atendería de novo a chamada, xa que dixo non saber se, “sou tan deportivista ou gilipollas que atendo e falo”. Tildou a situación de “surrealista”, e non é para menos. Tamén cre que “hai unha propiedade e será a que tomou a decisión”, pois él estaba a espera de ver quen chegaba para a dirección deportiva e tratar de falar do que él quería para trocar o sino do Depor, pois asinara por “esta tempada e ata o final da seguinte”, así rezaba o anuncio da sua contratación por parte do clube. Non sabemos se había clausulas.

Con cousas coma esta que lle pasou a Rubén de la Barrera, é unha ledicia que este tipo de xente que viste de corbata e dache co puñal pola espalda, é mellor canto máis lonxe de nós.

Xa é hora de que se fagan as cousas ben, con respecto as persoas que rodeamos o RC Deportivo e que o sostemos co noso diñeiro e co noso alento, é Rubén é un destes, é un dos nosos máis, que xa vai de duas veces que se gañou o ter a oportunidade de dirixir o equipo toda unha tempada, e se o fai ben, máis.

A grande maioría do deportivismo gustaríalle que seguise. O noso apoio total a Rubén de la Barrera e o desexo de que algún día volva pero para quedarse.

 

CARTA DE DESPEDIDA DE RUBÉN DE LA BARRERA

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”