TENIS DE MESA : O AD ZAS PONCIANO NIETO XA É DE 2ª NACIONAL…MAÑÁN SÁBADO EN ZAS 83 TENISTAS DE MESA DISPUTARÁN O “XIII TORNEO PONCIANO NIETO”.

O equipo zacese a esquerda da imaxe.

 

AD Zas Ponciano Nieto xa é da 2ª Nacional
Por fin xa é oficial, o equipo AD Zas Ponciano Nieto participara na vindeira temporada en Segunda División Nacional Masculina de Tenis de Mesa. Despois dunha excelente campaña na Terceira División Nacional quedando segundo clasificado no seu grupo, e como mellor segundo do resto dos grupos faltaba a comunicación oficial e, esta, produciuse onte ao comunicar a RFETM a lista dos equipos de Segunda Nacional Masculina. Agora a planificar a vindeira temporada .
.
.
.
.
“XII Torneo Ponciano Nieto de Tenis de Mesa” mañán en Zas
Por outra parte, este vindeiro sábado 17 de xuño disputarase en Zas o “XII Torneo Ponciano Nieto de Tenis de Mesa”. É este un torneo diferente a todos dos que se celebran en Galicia, moi recoñecido por todos e todas que xa participaron nel en ocasións anteriores. Tanto é así que antes de abrir as inscripcións xa tiñamos mais do 50 %  de reservas feitas, e a semana de abrilas estaba o cupo masculino completo.
.
O club ampliou o número de participacións para facer oco aos que se retrasaron en anotarse. En total serán 83 deportistas das categorias masculina (16 open A, 39 open B), femenina (10 participantes) e infantil (18 participantes). Ademais estarán os acompañantes e os colaboradores que todos xuntos (100 persoas) desfrutaran dunha churrascada ao final do torneo. Asi entendese mellor a fama do torneo.
.
Como favoritos ao triunfo na categoría masculina están os do club local Roi e Raúl, o xogador de Zas, Brais, actualmente xogando en Oroso e o finalista do ano pasado Javi Canzobre de Oleiros. En Femenino está moi aberta a todas a victoria final. En infantil Berto García (Arteal TM) e Lorenzo (Cambre TM) son os favoritos.
.
.
Trofeo para os campións.
.
.
-Foto e Texto : Stevo Zas
.
.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies