AXENDA DE TODO O FÚTBOL 11 BASE DA COSTA : “DERRADEIRA XORNADA EN CADETES E XUVENÍS, NOS QUE SE XOGA O TÍTULO NO DUMBRÍA-XALLAS ESTE SÁBADO”.

De “O Conco” sairá o campión de xuvenís mañán sábado.

 

Todo o que temos para xogarse no Fútbol 11 Base da Costa, (xuvenís, e cadetes). Nas clasificacións dos xuvenís e cadetes traémosvos os que están a loitar polo título ou pola promoción. Os infantís están de descanso tralas liguiñas e comezarán a actividade a vindeira semana coa promoción e a Copa da Costa, que se xogará o 17 de Maio, “Día das Letras Galegas”.

Derradeira xornada nos xuvenís nos que mañán sábado o Municipal do Conco de seguro que vai a estar a reventar xa que se xoga o título. O Xallas FC chega o campo dumbriés como lider con 68 puntos para enfrontarse ao CF Dumbría, segundo con 67. Dos dos clubes máis fortes da costa en canteira cara a cara nun choque que é toda unha final. Tamén se xoga nos cadetes a derradeira xornada pero neste caso xa está todo deciddo co Dumbría campión o pasado 1 de Maio. O cal queremos dar a nosa noraboa tanto a xogadores coma a técnicos e afeccionados, así como a tódolos que forman o equipo e o clube.

Esta fin de semana do 10-11-12 de Maio xa temos dous encontros hoxe venres, un deles en xuvenís e outro en cadetes, para mañán sábado hai 9 encontros repartidos antre as duas categorías, coma sempre máis en xuvenís, e para Domingo, quedan 5 todos eles de cadetes.

Se vedes que algún día de encontro ou horario está mal agradecemos que nos avisedes, xa que os collemos os xoves-venres da web da RFGF e as veces trocan algún xusto no mesmo día ainda que esté solicitado polo clube dende o martes. Contactos : admin@piratasdemuxia.es. Watsapp-Tlf : 626 72 00 47.

Pronóstico do tempo

Para hoxe venres día con intervalos nubrados e solleiros pola mañán, abríndose completamente o medio día, para voltar a encapotarse pola tarde-noite. O vento variable dos cadrantes do norte será froxo. Para o sábado solleiro pola mañán con intervalos nubrados a partires das 5-6 da tarde, para voltar encapotarse en torno as 20:00 horas. Tónica do Domingo con nubrados e intres de sol con predominio do vento, (moi froxo), do Oeste, (W), con máis posibilidades de nubrado cara o interior. Ambos días como decimos o vento casi imperceptible. Os datos que poñemos son os datos da boia marítima e tendo como referenza Muxía, norte e sur.

 

LIGA DA COSTA XUVENIL

(1ª Galicia  Xuvenil G2 A Costa)

 

30ª Xornada

     Dumbría 1-2 Xallas      

11/05/2024, ás 17:00 horas

   Cabana 2-1 Cee    

11/05/2024, 12:00 ás  horas

            Muxía 1-1 Sofán         

11/05/2024, ás 12:00 horas

          Ponteceso 0-0 Esteirana           

11/05/2024, ás 18:00 horas

   Fisterra 3-1 Outes 

11/05/2024, ás 17:00 horas

Soneira 1-6 Miúdos 

11/05/2024, ás 16:00 horas  

Cerqueda 1-2 Corme  

10/05/2024, ás 18:30 horas

Descansa : Baio   

 

CLASIFICACIÓN FINAL

1º Xallas : 71

2º Fisterra 67

3º Dumbría : 67

4º Sofán : 59

5º Outes : 55

6º Cerqueda : 41

7º Muxía 38

8º Miúdos : 36

9º Cabana : 32

10º Corme : 32

11º Esteirana : 28

12º : Baio ; 27

13º Soneira : 25

14º Ponteceso . 15

15º Cee : 14

 

LIGA DA COSTA CADETE

(1ª Galicia Cadete G2 A Costa)

 

34ª Xornada

   Cabana 1-2 Cerqueda  

11/05/2024, ás 10:00 horas

   EF Concello Carnota-Sofán   

12/05/2024, ás 11:00 horas

    EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”-Esteirana     

12/05/2024, ás 11:00 horas

        Mazaricos 3-6 Ponteceso       

11/05/2024, ás 18:00 horas

          Outes-Soneira          

12/05/2024, ás 11:00 horas

        Coristanco-Muxía      

12/05/2024, ás 11:00 horas

      Fisterra 8-1 Miúdos     

10/05/2024, ás 18:30 horas

         Cee 10-1 Corme    

11/05/2024, ás 11:00 horas

  Xallas-Dumbría

12/05/2024, ás 11:00 horas

 

CLASIFICACIÓN, (Xda 32ª)

Dumbría : 95

Soneira : 90

Outes : 81

Sofán 72

 Esteirana 65

 Xallas : 65

 Coristanco 62

 EF Juan Cabrejo : 62

 Cee : 57...

(Os que loitan polo título e a promoción)

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”