ROLDA DE PRENSA DE DIEGO VILLARES “XOGADOR ESTRELLA DO MES DE ABRIL” : “Todos queremos que sexa este finde pero se non puidese ser temos máis marxe de cara ao final”.

 

Diego Villares Yáñez (17 de xuño de 1996, Vilalba, Lugo) recolleu esta mañá na sala de prensa de Abegondo o Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do pasado mes de abril polas súas actuacións nos partidos de liga ante Unionistas de Salamanca CF, CD Teruel, Cultural Leonesa e CD Arenteiro.

A terna de finalistas elixidos polos medios de comunicación que cobren a diario a información do equipo branquiazul foi a formada por Villares, Barbero e Yeremay.

Na votación final, Villares foi o elixido co 61% dos votos dos afeccionados, por 20% de Yeremay e 19% de Barbero. 

Na súa comparecencia posterior, asegura que o apoio de #ANOSAFORZA o domingo “é un plus de motivación. Ver a tanta xente e verte tan arroupado como nos sentimos este ano dáche un puntiño extra que a todos nos vén moi ben”.

Advirte que se o Barcelona Atlètic “séguenos o ritmo é por algo. Ambos fixemos unha segunda volta moi boa. É un equipo que a través do balón sométenche, afúndenche moito, con xente como un filial, ademais do Barça, con moita calidade en 3/4. O gol que nos mete alá (na ida no Estadi Johan Cruyff) é unha xenialidade dun xogador deles”.

Vaticina este domingo 12 de maio ás 19:00 (TVG e FEF TV) “un partido como o que vimos en Barcelona: dous equipos que queren dominar a través do balón e nese aspecto vai ser bastante competido”.

O pivote de Vilalba lembra que “ambos os equipos teñen a súa parte de responsabilidade. Nós por esa marxe e, a partir de aí, se non podes ser este finde, esperamos conseguilo canto antes”. “Todos queremos que sexa este finde pero se non puidese ser temos máis marxe de cara ao final”, engadiu.

Precisamente esa marxe de manobra debido á posición na clasificación do grupo 1º de Primera Federación fai que “a maneira de afrontar a semana e o partido dáche un pouquiño máis de tranquilidade. Non é o mesmo xogarcho a un partido como o día do Albacete ou do Castellón a como o estamos vivindo este ano”.

-Foto, texto e vídeo : RC Deportivo