XUNTANZA DE URXENCIA DA FEDERACIÓN DE PEÑAS CAS PEÑAS DEPORTIVISTAS, MOITAS PIDEN QUE LENDOIRO ENTRE NO CONSELLO DO CLUBE.

A xuntanza no local da Federación do Pavillón de Riazor.

 

Esta tarde ten lugar no local da Federación de Peñas do RC Deportivo unha xuntanza de urxencia convocada na noite de onte tras saberse que o Consello de Administración renunciaba en pleno, (que hoxe explicou Couceiro o porqué da decisión). O motivo da xurntanza para a que se pideu a asistencia dun representante por peña, ou que se delegase nun membro da peña, é para tratar o panorama que se presenta trala dimisión dos conselleiros deportivistas.

Peñas piden que Lendoiro sexa chamado a participar no Consello de Administración

Unha campaña promovida pola Peña Deportivista Míticos de Riazor, sondea as demáis peñas xa que tralos dous ascensos frustrados e da maneira que forron, quizáis de sexa o momento de “xuntarnos e emitir un comunicado onde lle esixamos aos propietarios a inmediata inclusión no Consello de Augusto César Lendoiro”. Todo esto antes de saberse que o consello dimitía en pleno.

O chamamento dos “Míticos de Riazor” foi secundado ao instante por numerosas peñas, todas elas apuntando na mesma dirección, “algo hai quye facer e este sería un punto importante”, “A inclusión de Lendoiro sería a mellor fichaxe”, e cousas parecidas, todas poñendo en valor que Lendoiro sabe de fútbol e como levar un clube, cousa que ata o de agora ningún dos que estivo soubo facer. Puideron mellorar outros aspectos do clube, cousa innegable, pero a hora de confeccionar equipos foron todos un desastre.

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”.