CARTA DE DESPEDIDA DO EX PRESIDENTE DO RC DEPORTIVO, ANTONIO COUCEIRO, E NO NOME DE TODO O CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN ENTEIRO.

Couceiro tivo un mandato de dous “casi ascendemos”.

 

Antonio Couceiro, o xa ex presidente do RC Deportivo dende onte ás 23:00 horas, hora na que anunciaban, como xa vos trouxemos minutos despois, a renuncia de todo o concello de administración do clube. No día anterior presentaban a sua renuncia os responsables da dirección deportiva, Carlos Rosende e Juan Giménez. 

Couceiro exlicou na carta o que foron estes dous anos ao fronte do clue e dixo que se “apartaban” para 

 

CARTA DE COUCEIRO E OS SEUS COMPAÑEIROS

En febreiro del 2021, Abanca pensou na miña persoa para liderar o proxecto do Deportivo, nuns momentos moi difíciles para o club. O seu obxectivo era nomear un consello de administración non executivo, formado por profesionais independentes de recoñecido prestixio nos seus ámbitos de actividade, para reconducir a situación e volver no menor prazo posible ao fútbol profesional. O reto era impresionante e asumímolo coa ilusión e compromiso que a ocasión requiría, tratando de xerar confianza no futuro do club.

O comezo esixiu unha reestruturación a fondo da organización do club, á vez que se fichaba un adestrador para o equipo masculino con dous ascensos a Segunda División no seu haber e deseñábase, cuns recursos moi axustados, un cadro adaptado á categoría. O resultado é que estivemos moi preto do ascenso. Xa nesta temporada 22-23, reforzouse o cadro, tanto no verán como no inverno, e, por múltiples circunstancias,estivemos preto do ascenso pero non se conseguiu. Igualmente o primeiro equipo feminino, ao que lle faltou soamente un gol.

Desde o consello tratamos de mellorar a organización profesional do club e avanzar en aspectos como a dixitalización e a sustentabilidade, mellorando os ingresos e xestionando eficientemente os gastos, reforzando a súa solvencia para o futuro. En todo iso, atopamos a total colaboración de Abanca, así como a dos magníficos profesionais cos que conta o club.

Nestes momentos, Abanca desexa comezar unha nova etapa e desde o Consello facilitamos que poida facelo sen restricións. Desexámoslle aos novos administradores que acerten nas súas decisións e que teñan a necesaria fortuna nos momentos críticos da competición deportiva. Así remata a misiva de Couceiro e no nome dos que o acompñaron no consello de administración deportivista.

A carta está asinada por Antonio Couceiro, Carlos Cantó, Enma Lustres, Miguel Juane e David Villasuso, que é o único que queda ata a asemblea do día 17 de Xullo, e será o que leve os asuntos do clube ata ese entón..

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Antonio Couceiro

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies