PREVIA E AXENDA DE TODO O FÚTBOL DA COSTA SENIOR MASCULINO E FEMININO, ASÍ COMA DE VETERANOS, EN CÓMODAS TÁBOAS.

Camariñas e Camelle despiden a tempada a tarde deste sábado.

 

Aquí tes a axenda de todo o que se vai xogar no fútbol senior da costa en homes e mulleres, e nos veteranos da costa, así coma nas ligas superiores nas que temos representantes da costa.

ASÍ ESTÁN AS LIGAS

Preferente Norte : Penúltima xornada para o noso representante o Sofán, que ocupa a 7ª praza con 48 puntos e só pode optar a subir un chanzo nas duas xornadas que restan.

1ª Galicia G2 A Costa/Santiago : Penúltima xornada para os nosos representantes. CF Dumbría, SD Fisterra, e SCDR Esteirana xa están salvados. Ao San Lorenzo fáltalle un punto para certificar a salvación. O CD Baio terá que tentar gañar os dous encontros que restan e esperar que fallen SD Agolada, (ao que visita esta semana o San Lorenzo), SD Valiño, ou os de Verdillo.

Liga da Costa : Derradeira xornada co campión, (SD Castriz), resolto e os 4 que irán a promoción, (CF Muxía, CF Porteño, CF Mazaricos e Outes FC), e só falla saber quen baixará diretamente e para eso hai un CD Baiñas-Volantes de Baño FC, cos de Baño no descenso e cos de Baiñas fora, e ambos con 19 puntos. O que gañe quedará fora a expensas do que faga o CD Baio na 1ª Galicia G2, e un empate dará ao Volantes ese derradeiro clavo o que aferrarse, xa que en Muros venceron por 2-1.

3ª da Costa : Derradeira xornada de liga co Xallas FC campión fai semanas e ca dúbida quen o acompañará no ascenso direto. O Sofán B ocupa esa praza, pero esta semana descansa e será o UD Corcubión o que terá esa opción se gaña o Sporting Zas no Novo Cubaleiro, o que os levaría diretamente a Liga da Costa. Na promoción da que van a subir dous, están o que quede terceiro de sofanistas e corcubioneses, o Soneira SD, o SD Oza e queda por certificar a praza que ocupa o CF Lira que visita o SD Ameixenda que conta con 0 puntos no seu taboleiro.

1ª División galega Feminina : Penúltima xornada para o noso representante o Bergantiños FC, que ocupa o liderato cos mesmos 65 puntos co Orzán SD, e co deberá xogarse todo a unha carta, salvo que as carbellesas gañen nesta xornada e as herculinas non, na vindeira xornada que será a definitiva.

2ª División galega Feminina : Penúltima xornada para as nosas representantes co Xallas e UC Cee a procura de alcanzar praza de loita por permanecer na categoría, coas xalleiras nesa praza e as ceenses a4 puntos con 6 por disputar. O ED As Miúdas xa leva semanas descendido.

3ª División galega Feminina : Penúltima xornada co CF Dumbría campión e ascendido, e falla saber quenes serán as subcampionas e as terceiras, postos que ocupan Corme CF e Ponteceso SD, ambas erscadras clasificadas para o Play-Off de ascenso.

Copa da Costa de Veteranos : Un partidos de Oitavos, (explicación do porqué na nosa previa), e 3 de Cuartos.

Se non temos erros nas nosas táboas, hai na xornada sabatina hai 5 encontros, o resto son antre a mañán e a tarde do Domingo.

O que sí hai sábado moitos encontros no Fútbol Base da Costa, e algúns o Domingo. destaca o sábado o encontro Dumbría-Xallas de xuvenís, derradeiro encontro de liga e cos dumbrieses un punto por debaixo dos xalleiros.

Axenda do Fútbol 11 Base : PREME AQUÍ

Se vedes que algún día de encontro ou horario está mal agradecemos que nos avisedes, xa que os collemos os xoves-venres da web da RFGF e as veces trocan algún xusto no mesmo día ainda que esté solicitado e confirmado polo clube dende o martes. Contactos : admin@piratasdemuxia.es. Watsapp-Tlf : 626 72 00 47

Pronóstico do tempo

Para o sábado solleiro pola mañán con intervalos nubrados a partires das 5-6 da tarde, para voltar encapotarse en torno as 20:00 horas. Tónica do Domingo con nubrados e intres de sol con predominio do vento, (moi froxo), do Oeste, (W), con máis posibilidades de nubrado cara o interior. Ambos días como decimos o vento casi imperceptible. Os datos que poñemos son os datos da boia marítima e tendo como referenza Muxía, norte e sur.

 

 

 

 

 

 

 

SONY DSC

 

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”