Pablo Mallón, segundo poa esquerda.
Dende o Bergantiños FC anúciannos que co éxito do ascenso do primeio equipo a Segunda Federación nace para a vindeira tempada o Bergantiños “B” que será adestrado por Pablo Mallón, que terá como segundo a Luis Barreiro.
Pablo Mallón, adestrou esta pasada tempada ó Xuvenil C, e no último tramo da tempada ao Xuvenil B. Empezou a súa segunda etapa no Bergantiños este verán, tralo seu paso polo club carballés na 2005-06, onde foi segundo adestrador e preparador físico do primeiro equipo en Terceira RFEF, e adestrador do xuvenil.
O adestrador carballés é un dos coñecidos no fútbol afeccionado xa que dirixeu a equipos coma o Cerceda ou Paiosaco, así coma na costa que adestrou ó Coristanco, Buño, Cabana, Sofán, Baiñas, Sporting Zas, San Lorenzo e o seu último club durante catro anos, o Ponteceso.
O equipo estará formado por xogadores sub 23 e será o nexo entre a base do Bergantiños e o primeiro equipo. Falta saber que dirección tomarán na 3ª Galicia, se a Coruña, a Mariña ou a costa.
-Foto e Texto : Prensa Bergantiños FC/Xosé Búa “Pirata”