PREVIA DOS CUARTOS DE FINAL DA COPA DA COSTA DE VETERANOS.

 

Este vindeiro Domingo xogaranse 3 dos 4 encontros de Cuartos de Final da “Copa da Costa de Veteranos”, esto debido a como xa vos informábamos o pasado Domingo trala disputa dos Oitavos, quedaba por disputarse unha das eliminatorias, xa que o Soneira non tiña rival. O motivo, tamén volo explicábamos, o Comité de Competición da RFGF tras recibir as explicacións do árbitro do Ponteceso-Dumbría, que fora suspendido tras supostamente, recibir ameazas o colexiado dun dos xogadores do Ponteceso e pedir a presenza da Garda Civil e quedou parado o encontro. A Benemérita tardou en chegar polo que os propios xogadores non quixeron reanudar o xogo e suspendeuse o choque. Ía gañando nese intre e a falla de 15 minutos para o final do tempo regulamentario o Ponteceso por 1-0.

A decisión do Comité federativo foi a de expulsar o equipo pontecesán da competición e darlle o pase o Dumbría, pero esta chegou tarde como para xogar contra o Cabana a eliminatoria de Oitavos. Desta maneira esa eliminatoria de Oitavos xogarase este vindeiro Domingo 12 de Maio do 2024 no Municipal do Conco, (Dumbría), e o que pase xogará a eliminatoria de Cuartos no feudo do Cabana, o 17 de Maio, “Día das Letras Galegas”. O resto de encontros dos Cuartos xóganse antre a tarde do sábado e a mañán do Domingo, tal e como vos reflexamos no cadro.

 

SONY DSC

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”