PATRI ROMANÍ E BARCA TOBA XOGAN XUNTAS DE NOVO NO NOVO PROXECTO DO MUXÍA FEMININO.

Patri e Barca este Domingo no amigable en Fisterra.

 

Barca Toba e Patri Romaní xa saben o que é gañar títulos e ascensos a niveis altos no fútbol sala e ata ca Selección da Costa de Fútbol. As muxianas non quixeron deixar de seguir facendo historia para o seu pobo e enroláronse ambas no novo proxecto do Muxía CF Feminino, que no día de onte xogaba un amigable co tamén novo equipo do SD Fisterra. Ambas voltaron a xogar xuntas no mesmo equipo e disfrutaron do que de seguro que será unha dupla tremenda na vindeira liga. Hai que dicir  que a fichaxe de Barca ainda non foi anunciada polo clube.

Patri deixaba este ano por asuntos laborais o Viaxes Amarelle FSF da 1ª División Nacional Feminina, co que acadou a permanenza un ano máis para as coruñesas e Barca segue sumando trunfos tanto en atletismo coma en ciclismo, sendo unha das deportistas máis alureadas de Muxía e da Costa da Morte.

O Muxía CF está informando estes días das rapazas que asinaron polo clube :  Nerea Barrientos, Marcela Corbelle, Denise Sambad, Irene Alcaina, Raquel Bardullas, Natalia Moledo, Paula Vilela, Claudia Caamaño, e Sílvia del Río,  son as primeiras que o clube deu como fichadas, para un proxecto que terá a Jose “Congui” e Isma Pose como adestradores.

Lembrar que a semana da chamada do clube para formar un equipo feminino, presentáronse 30 o adestramento de toma de contacto.

-Foto : Barca Toba

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies