LOITO NO SUR DA COSTA E NO ARBITRAXE GALEGO POLO PASAMENTO DE MANUEL MARTÍNEZ BRIÓN.

Brión nos albores da arbitraxe.

 

No FaceBook do SCDR Esteirana facíanse eco do fondo pesar que tiñan desde esta mañán polo pasamento do que fora colexiado ata na 1ª División Española, onde actuou de liña, Manuel Martínez Brión, (O Freixo-1952)., (D.E.P.).

Brión, como así era coñecido, foi durante 5 tempadas liña de Raúl García de Loza e de López de la Fuente no primeiro escalafón do fútbol español, e foi árbitro principal na antiga 2ª B. Tralos 45 anos cumpridos pasou a ser colexiado no fútbol da 1ª, 2ª e 3ª Rexional, e ata en Veteranos.

No 2018 foi homenaxeado polo seu pobo cun partido homenaxe xogado antre o deportivo de Veteranos e un equipo de amigos do mítico, Xosé Luia Vara. Campo no que o equipo de Esteiro que recibe ao Bertamiráns, (18:00 horas), quer facerlle unha homenaxe adicándolle unha vitoria do equipo.

O noso máis sentido pésame a familiares e amigos, (D.E.P.).

 

-Foto : FaceBook A Voz da esteirana

-Texto : Xosé Búa “Pirata”