ROLDA DE PRENSA PRESENTACIÓN DE BERTO GAYARGA : “É UN PRACER ESTAR AQUÍ…TODO O MUNDO COÑECE O DEPOR”.

 

Alberto Cayarga Fernández (Avilés, Asturias, 17 de setembro de 1996), coñecido futbolísticamente como Berto Cayarga, foi presentado esta mañá como novo xogador do Dépor para as dúas próximas temporadas, até xuño de 2025.

Após pousar coa camiseta branquiazul no campo principal da Cidade Deportiva, Fernando Soriano, Director Deportivo do Club, destacou na sala de prensa que “é un xogador destro que pode ocupar as dúas bandas, incluso a mediapunta. Criado na canteira do Sporting, pasou polo Racing de Santander e  FC Cartagena. Até agora en Primeira División polaca e agora forma parte do noso cadro”.

Pola súa banda, Berto Cayarga explica que “tiña contrato co Radomiak SA Radom 2 anos. Ao principio tentei saír porque consideraba que aí non estaba do todo cómodo. Empezou a liga e o adestrador contaba comigo. Díxome que non me ía a deixar saír e que tiña que estar o ano enteiro. Nos primeiros partidos empecei xogando, saín un partido no minuto 60, outro no 70, e os outros 3 xa estiven sen xogar. Xurdiume o Dépor. Tiña outras opcións tamén en España, pero nin as valorei. En canto xurdiume a oportunidade de vir ao Dépor púxenme en contacto co meu axente para ver se podiamos realizar a operación. Tiven uns días de pelexa co club de Polonia e ao final conseguín a carta de liberdade e poder vir aquí”.

Desvela que aos integrantes do Dépor “a algúns xa os coñecía, a outros de xogar contra eles. É un grupo moi bo que me acolleron case todos moi ben. Algúns non os coñezo aínda. Eu tamén son un pouco tímido e cústame abrirme os primeiros días. Pero hai un grupo moi san e que van todos a un tempo”.

Defínese como un futbolista que “pode xogar nas dúas bandas. É onde onde máis veño xogando os últimos anos, no FC Cartagena sobre todo. Dáme igual xogar por unha banda que por outra. De mediapunta estivera xogando na miña etapa no Sporting B, así que me atopo cómodo en calquera das 3 posicións. Tentarei axudar ao equipo onde sexa máis necesario”.

Xa convocado ante o CF Rayo Majadahonda aínda que non chegou a saltar ao céspede, Berto Cayarga subliña que “ABANCA-RIAZOR xa o coñecía. É un estadio que todo o mundo coñece. Impresionoume o primeiro partido aínda que non puidésemos conseguir a vitoria. Viuse un bo ambiente, un moi bo partido e esperemos sacar os máximos puntos posibles en casa, que imos necesitar a #ANOSAFORZA e ese gran estadio”.

Finalmente o atacante asturiano apunta que “é un pracer poder estar aquí. Todo o mundo en España coñece o Dépor. Mesmo en Polonia cando dixen ‘voume ao Dépor’ todo o mundo sorprendeuse e deume o parabén. Así que encantado e con moitísimas ganas”.

 

 

-Foto, Texto e Vídeo : RC Deportivo