CRÓNICA DOS POLÉMICOS DAZASEISAVOS DA COPA DA COSTA DE VETERANOS E PREVIA DOS OITAVOS.

 

SONY DSC

 

Os Dazaseisavos da Copa da costa de Veteranos que chegou a novena edición dende que colleu as rendas do fútbol de veteranos da costa a RFGF, (xogáronse moitísimas máis), non acabaron ben por culpa dun só encontro, o que xogaban o ADC de Veteranos do Ponteceso e o CF Dumbría de Veteranos. Un choque que discurría polo minuto 75, coa vitoria por 1-0 para os pontecesáns e sin ningún tipo de problema antre os xogadores, Nese intre o colexiado despois do sinalamento dunha falta e tras falar cun xogador dos locais, parou o encontro e foise a vestiarios manifestando que recibira ameazas e quen non continuaba ata que chegase a Garda Civil. Esto tardou en pasar, tentaron que se deixase o conto e que continuase o encontro, pero o tardar en chegar a Benemérita, os xogadores decidiron non seguir co choque o ser tan tarde. A RFGF ainda non decideu no intre deste artigo e o Soneira de Veteranos sigue a espera de rival para Oitavos. Dende Dumbría manifestounos un xogador que, “a ver que deciden porque ir ata Ponteceso para xogar 15 minutos, non compensa en nigún dos aspectos”.

Nunha xuntanza do Comité de Competición e Diciplina do pasado día 30 acordaron que : “Ante as alegacións o acta arbitral presentadas polo club ADC de Veteranos de Ponteceso, acórdase dar traslado das mesmas ao colexiado do encontro, para que emita INFORME AMPLIATORIO do realmente acontecido, debendo remitir o mesmo a este Comité antes das 12 horas do 2 de Maio do 2024”, ou sexa hoxe.

No que se refire o resto de choques poderíamos falar de sorpresaa eliminación do do Sporting Zas a mans do Corme, ambos equipos da División de Honra pero cun rendemento superior en liga os zacenses que foron subcampións. No encontro con maior interés o campión da División de Honra, ACD San Ramón derrotaba a domicilio ao campión da 1ª Galicia da Costa, Atlético Carballo, (1-3). Primeira derrota dos carballeses na sua historia, xa que son equipo formado o pasado ano e que en liga gañou tótolos encontros con 135 goles a favor e tan só 18 en contra en 22 encontros.

O vindeiro Domingo 5 de Maio xóganse os Oitavos de Final, dos que tes no cadro de abaixo tódolos encontamentos e horarios. Se hai algún troco agradeceríamos nos informasedes no noso whatsapp, (626 72 00 47).

Oitavos de Final

Nos Oitavos de Final xa entran o Mazaricos e o Buño, que estiveron exentos desta primeira eliminatoria o estarse xogando o Play-Off de ascenso a División de Honra, que o final caeu para os de Mazaricos que aconpañarán o vindeiro ano na división máis alta da costa ao Atlético Carballo e ao CF Cances. Podedes ver a crónica do encontro antre Mazaricos e Buño : PREMENDO AQUÍ.

 

 

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies