CRÓNICAS DOS CUARTOS DE FINAL DA “COPA DA COSTA FEMININA”, NOS QUE HOUBO MOITA IGUALDADE.

 

Aquí tes os comentarios dos adestradores sobre o que deron de si os os Cuartos de Final da Copa da Costa Feminina. Tal e como vos apuntamos na previa había 3 encontros, o cuarto xogarase o vindeiro venres 17, “Día das Letras Galegas”. Do choque Corcubión-Corme, espera rival o Xallas. Nos encontros xogados na noite deste mércores houno moita igualdade e dous deles tiveron que decidirse dende o punto de penalti. Agradecer unha vez aos adestradores a sua colaboración con comentarios e fotos.

 

 

Ponteceso SD 1-1 CF Dumbría

(Penaltis : 1-3)

Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Partido moi emocionante no Pinguel, con máis de 200 afeccionados. As de Curro saíron ao campo a dalo todo, sabían que era necesario fronte ao Dumbría reciente campeón de liga. E así o fixeron, loitaron todo o partido. Adiantaronse no minuto 31 con un gol de cabeza de Andrea o que fixo que a ilusión e as ganas no equipo aumentase, sabían que era posible pasar a seguinte ronda. A intensidade non desapareceu en ningún momento e ambos equipos querían seguir na Copa.
Foi no minuto 81 cando as do Dumbría igualaban o que fixo que o partido fose a penaltis e lle daría victoria ás visitantes. Pese ao non pasar de fase, todas as xogadoras deben de estar moi orgullosas do traballo e do partidazo realizado poñendo durante os 90′ o actual campión contra as cordas , foi un gran encontro de ambos conxuntos”.

Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) : “O Ponteceso non nos deixou estar comodas en ningún momento, con unha presión alta e intensa e buscando continuamente facer daño buscando contraataques rápidos, costounos entrar no partido, hasta aproximadamente o minuto 15 non tubemos a serenidad para controlar o balón e circulalo como de costumbre, serían ahí as nosas primeiras chegadas a área local, cando parecía que empezabamos a estar un pouco mellor fui cando se adiantou o Ponteceso, responderíamos rápido con unha boa xogada finalizando con un remate o pau que se paseou pola línea de gol ainda que sin exito.

Na segunda parte o quipo daría un paso adiante, ainda cas locales sin baixar ritmo en ningun momento e amenazando continuamente a nosa portería onde o partido fui de Lis, trasmitunos unha seguridade enorme non deixando nin un solo rechace en todo o partido sacando balons complicadisimos, pero ainda nos tiña gardada unha sorpresa, co equipo desesperado e volcado o ataque, sin un xogo vistoso, pero si vertical chegaría un corner, donde outra vez Serena, aparecería para desatascar o partido e poñer o 1-1, o partido rompiuse nese momento e calquera dos dous equipo pude levar a victoria antes do pitodo final, a mala punteria como o bo facer dfensivo de ambos equipo evitouno mandando o partido os penaltis”.

Campo : O Pinguel, (Ponteceso)

Árbitro : Alejandro Tato Gómez

 

EF C Camariñas “Juan Cabrejo” 0-0 Cabana SD

(Penaltis : 5-4)

Juan Cabrejo, (Adestrador do EFC Camariñas “Juan Cabrejo”) : “Pesounos demasiado a responsabilidade e tivemos moitos nervos, non fomos o equipo que acostumamos. No primeiro tempo tivemos un tiro o longueiro, un balón a bocaxarro que sacamos nós mesmos fora contodo para empurrala, e non pasamos ningún tipo de apuros. No segundo seguimos tentando, penso que fomos máis, pero sen chegar o gol, pero por non encontrar portería. Elas non tiveron ningunha ocasión e conseguimos nos penaltis chagra a unha semifinal, que xa é un gran premio. Temos enfronte ao Dumbría sabedoras de que non temos nada que perder”.

José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido moi disputado con alternativas e con poucas ocasións de gol xa que calquera dos dous equipos non daban opción. So as xogadas a balón parado levaban certo perigo. A mellor ocasión das locais foi un balón que tocou no longueiro, e as porteiras solventaron ben o traballo que tiveron. O final empate a cero e nos penaltis as de Camariñas estiveron máis acertadas, e despois do oitavo lanzamento acadaron a clasificación”.

Campo : Vicente Carril, (Camariñas)

Árbitro : Manuel Castro Mouzo

 

CF Mazaricos Feminino.

 

CF Mazaricos 0-2 Xallas FC

Juan Tuñas “Rachón”, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Dos mellores partidos que xogamos no que vai de ano. Empezabamos o partido con unha consigna clara. Ser moi intensas e intentar que olaya e noelia non xogaran comodas. Durante toda a primeira conseguimolo e gracias o bo facer defensivo de xente como claudia ou bujan. Despois do paso polos vestiarios e tras creer que si que podiamos dar a sorpresa, as pautas seguian sendo as mesmas. Aos 10 minutos mais ou menos abria a lata noelia con unha xenialidade desde fora da area a que so quedou aplaudir. Co 0-1 tivemos unha de mariña dende fora da area que se foi por pouco e duas xogadas despois chegaria o 0-2. Adiantariamos liñas e o equipo non se rendiria ata o pitido final. Imaxen mais que notable do equipo donde demostrou que cando chegan as copas as categorias son o que menos importan”.

Roberto Carlos “Rupper”, (Adestrador do Xallas FC) : Partido moi disputado na Picota, onde ou Mazaricos demostrou ser un equipo moi ben traballado e difícil de bater. Na primeira parte, elas saíron moi fortes apertando a saída de balón das verdes e xerando algunha ocasion clara por algunha perda das nosas. Aínda así, o equipo verde repusoxe moi ben desa arrancada inicial das Mazaricanas e acabaron a primeira parte na súa portería con varias oportunidades claras pero chegando co 0-0 ao descanso. A segunda parte foi moi parecida á primeira, rifada e igualada. Nun achegamento do Xallas, un disparo dende fóra da área de Noelia, entrando por toda a escadra, puña por diante na eliminatoria as verdes. Despois de varias ocasións, Olalla puña o segundo a través dunha boa xogada de colectiva. Xa non se movería máis o marcador pese a que as locais intentaron reducir distancias ata o pitido final. Moi boa actitude e traballo, dos dous equipos!”.

Campo : A Picota, (Mazaricos)

Árbitro : Alberto Pombo Parga

 

UD Corcubión  Corme CF

Día : 17/05/2024

Hora : 17:30

Campo : Novo Cubaleiro, (Corcubión)

Árbitro : Sin definir…

 

 

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies