CRÓNICA : SEN SORPRESAS NOS OITAVOS DA COPA DA COSTA FEMININA.

 

Non houbo sorpresas nas eliminatorias do Copa da Costa Feminina que chegou a cuarta edición dende que a celebra a RFGF. No choque de dous equipos da 2ª Galega G1 o Xallas derrotou ao Cee, nun choque que posiblemente fose o de resultado máis incerto. Por outra banda o Mazaricos deixaba fora o Outes dous equipos da 3ª Galega G2, namentras que o Corcubión deixaba na cuneta o Fisterra nun enfrontamento máis igualado polo rendemento en liga de ambos. 

Na outra banda do cadro o ponteceso, nun gran intre de forma, deixaba fora o Cerqueda no seu campo e o Dumbría, a pesares de que é equipo da 3ª Galega G2, e recibía o As Miúdas que son dunha categoría superior, os estados de forma son completamente distintos na competición de liga. As dumbriesas a un paso do título na 2ª e as muradanas cos dous pés nesta categoría e facéndoselles moi longa a tempada. No choque do Muxía co EF Concello de Camariñas “Juan Cabrejo”, o resultado era incerto e ainda que as muxianas xogaban como locais, as camariñanas saían vencedoras, como xa pasou en liga.

Durante o día traeremos os comentarios dos encontros da man dos adestradores.

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”