Imanol Idiakez asegurou en rolda de prensa que, nestas semanas que restan de competición xa co obxectivo cumprido, “queremos seguir sendo nós. Construímos unha forma de comportarnos aí dentro (en referencia ao vestiario) e porque conseguísemos o obxectivo non a imos a cambiar, todo o contrario. Ten que servir para reforzarnos e unha dos nosos acenos de identidade é dalo todo cada día pola camiseta, polo escudo que defendemos e porque é a forma que entendemos de vivir esta profesión”.
Lembra ademais que “temos a posibilidade de pelexar co CD Castellón o título dos dous grupos, que tamén ten o seu aliciente; e que algúns xogadores que tiveron menos minutos poidan demostrar a súa calidade e estar no verde, que o mereceron”.
Con 14 partidos gañados e 3 empatados, admite que “levamos unha segunda volta cuns resultados moi bos e gustaríanos terminar a temporada na liña na que estamos”.
-Foto, vídeo e texto : RC Deportivo