Antre mañán venres 17 de Maio, “Día das Letras Galegas” e pasado mañán sábado 18, xóganse os encontros de semifinais da “LIX Copa da Costa”. Tres equipos da liga da Costa, (Muxía, Porteño e Ponteceso), e un da 1ª Galicia G2, (Dumbría). Sigue dando que falar este formato da competición máis querida do fútbol costeiro dende fai preto de 60 anos. Tanto quixeron facer que a “joderon”, dirían os vellos de antes, e é unha expresión quue se sigue iusando. Dende a Federación pensan que todos somos funcionarios e que non existe o sector primario e de servizos. Pensan que todo Deus fai festivo, pero non é así. O encontro de mañán que enfronta ao Muxía e ao Porteño, enfronta a dous equipos que o Domingo 19 xogaran a ida das semifinais da Fase de Ascenso a 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago. Os muxiáns visitarán o Outes FC e os da Ponte do Porto o Mazaricos. Este era un dos factores de protesta xa fai meses, que ía a coincidir con equipos xogándose algo, e ademáis de que xa foi desastrosa o resto da competición, a excepción dalgún encontro de Cuartos. Campos sen afeccionados, con días de temporal no peor do inverno… En teoría a volta de semifinais será o 26 de Maio.
CF Muxía – CF Porteño
Día : 17/05/2024
Hora : 17:00
Campo : A Arliña, (Muxía)
Árbitro : Manuel Mouzo Castro
Ponteceso SD – CF Dumbría
Día : 18/05/2024
Hora : 17:00
Campo : O Pinguel, (Ponteceso)
Árbitro : Vitor Recarei Añón.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”