O MAZARICOS DE VETERANOS ASCENDE A DIVISIÓN DE HONRA TRAS DERROTAR O BUÑO E AMBOS XA ENCARAN A COPA.

 

Tal e como xa vos adiantábamos o pasado Domingo o CF Mazaricos de Veteranos acadaba no “Peña d´ouro” de Pino do Val o pase a División de Honra de Veteranos da Costa o deixar fora o SCD Buño na tanda de penaltis, despois de igualar a uns, (1-1) no tempo de xogo. Ambos equipos pasan agora a xogar a Copa da Costa de Veteranos que comezaba o pasado Domingo, eliminatoria da que evidentemente estaban exentos o estarse xogando a fiinal do Play-Off de ascenso.

 

 

CF Mazaricos 1-1 SCD Buño

Encontro xogado de poder a poder cun gran ambente o campo mazariquense e no que mediada a primeira metade Aldo adiantaba os de Mazaricos, resultado co que se chegaba o descanso. Xa na segunda metade e cos oleiros buscando a igualada esta chegaba no treito final cun tanto de José Ramón. O empate abreu un novo partido, e os mazariqeunses tiveron un penalti que antre o pau e juan Abelenda evitaron que se volvesen a poñer por diante. Puido caer a vitoria para calquer lado, co resultado que imperaba, pero xa cos equipos máis conservadores chegábase o final sen moverse o marcador. Na tanda de penaltis na que houbo que facer 12 lanzamentos, gañaban os mazariquenses por 6-5, tras chegar o quinto lanzamento empatados, acadando o ascenso. No vídeo podedes ver a parada do derradeiro lanzamento, que lle daba o ascenso os locais.

Goles : 1-0, Aldo, (25´), 1-1, Caamaño, (79´).

 

 

CF Mazaricos : Manuel París, Martín, Alvite, Baña, José Cerbán, Aldo, Alvela, Damien, Pedro, Cambeiro e Alberto Cives. Tamén xogaron : Moledo, Gustavo, José Manuel, Ferreiro, Antelo e Diego.

 

 

SCD Buño : Juan Abelenda : Caamaño, Dani Calvete, Alberto, Pablo Casal, Cerqueiro, Rubén, Jesús, Ricardo, Jesús López e Héctor. Tamén xogaron : Víctor, David, Whashington, Fran Neves, Wagner e Fernando.

 

Árbitro : Chrístian Sendón, axudado nas bandas por Tiago Alonso e Tomás Garrido. Amonestou a Alvela e Cerbán, polo Mazaricos e a Cerqueiro, polo Buño.

 

Cambeiro e posan ca camiseta de lembranza do Play-Off amosando o vo rollo antre os equipos.

 

 

-Fotos e vídeo : Jorge Villar “Gorrión”

-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”