CRÓNICAS OITAVOS DA “LIX COPA DA COSTA” : “A VISIÓN DOS ADESTRADORES NESTA ELIMINATORIA”.

Tan só sobreviveu un equipo de categoría superior as semifinais, algo inaudito en moito tempo.

 

 

Tarde de sorpresas nos Cuartos de final da “LIX Copa da Costa”, na que caeu o favorito indiscutible, SD Sofán ante o Porteño, e tamén o Fisterra que non se xoga nada na liga. Máis normal é que quedase fora o Baio, que “morreu” nos penaltis, coma os sofanistas, que xogaron a anterior final, pero os baieses estanse a xogar o todo ou nada na liga. Dos de categorías superiores o único que pasou foi o Dumbría, que tamén sufreu ante un Mazaricos que xogou os derradeiros 10 minutos máis o desconto cun home menos. O final esta copa tan protestada e que verdadeiramente foi unha “merda” falando en prata, nas suas primeiras eliminatorias, sen xente en pleno inverno, con mal tempo, campos baleiros…o final chegou a primavera revivida, e por exemplo na Arliña co derbi antre Muxía e Fisterra, as 19:00 horas, (xa moita xente que traballa puido ir), cunha tarde excelente e sabendo que o sol morre no mar fronte o campo mesmo, fixo que a entrada fose extraordinaria, con arredor de 400 espectadores de toda a costa.

AVISO

Fai uns días “morreume” o teléfono e perdín centos de números. Se a algún adestrador ou colaborador, non lle pedín o comentario que me mande unha mensaxe para recuperar o contacto.

As crónicas non estarán pechadas ata que nos cheguen os comentarios de tódolois adestradores.

Coma sempre as nosas gracias a tódolos colaboradores con fotos, vídeos e comentarios. Os comentarios son propios de cada colaborador, polo que non nos facemos cargo do contido, que é propio e intransferible.

 

-CRÓNICAS-

 

CF Porteño 1-1 SD Sofán

Penaltis : 7-6

Jesús Cousillas, (2º adestrador do CF Porteño) : “Partido moi intenso, fixemos un gran esforzo físico para igualar o ritmo do Sofán. Primeira parte igualada tivemos algunha oportunidade, coma un tiro de Mayor o longueiro, e na segunda un pouco máis de dominio deles. Marcaron nun centro lateral e empatamos nunha contra por medio de Alan. Quedaban 20 minutos e aguantamos como puidemos para chegar a lotería dos penaltis donde caío cara”.

Pablo Torreira, (Adestrador do SD Sofán) : “O encanto da Copa da Costa é este… calquer equipo pode gañar, sexa cal sexa a categoría. Merecido pase do Porteño por poñer máis gañas, intensidade e ocasións para pasar a eliminatoria”.

Goles : 0-1, Parafita, (71´); 1-1, Alan, (76´).

 

CF Mazaricos 1-2 CF Dumbría

Encontro moi trabado con moitos cartóns e no que o Mazaricos xogou cun menos dende o 29 no que “Rachón” vía un cartón vermello.

Marcos Domínguez, (Adestrador do CF Mazaricos) : “A espera do comentario…”.

Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “A espera do comentario…”.

Goles : 1-0, Iago, (61´), 1-1, Dani González, (67´); 1-2, Miller, (83`).

 

 

CF Muxía 1-1 SD Fisterra

Penaltis : 3-0

Nando Waldomar, (Adestrador do CF Muxía) :Foi un partido no que sempre estivemos moi metidos, loitando cada balón, na primeira parte intentamos ter un pouco mais a posesión pero a presión do Fisterra non nos deixou levar o ritmo do partido como queríamos, pero ainda así todo o equipo fixo un gran traballo, conseguindo empatar o gol en propia que recibimos cunha gran xogada por banda esquerda que rematou o dianteiro xuvenil Hugo. Na segunda parte cambiamos a nosa proposta de xogo, intentando atacar polas bandas, con extremos, o que nos permitiu xerar varias ocasións de gol, ata un penalti, pero non fomos capaces de marcar gol. O final chegamos ós penaltis nos que estivemos bastante ben e conseguimos pasar á seguinte eliminatoria. Felicitar a toda a plantilla polo seu traballo”

Diego Lobelos, (Adestrador do SD Fisterra) : “Foi un partido típico de copa, con demasiado respeto por ambos e poucos riscos. Creo que non estivemos cómodos en ningún momento e non levamos o partido a onde nos interesaba, e o Muxía sí que foi quen de facer o seu xogo. Nos penaltis, foron claramente mellores. Vitoria xusta”.

Goles : 0-1, Ánxo, (34´en propia porta); 1-1, Hugo, (38´).

 

Ponteceso SD 1-1 CD Baio

Penaltis : 4-2

O CD Baio quedou cun menos no 81 no que Sergio recibía o segundo cartón amarelo, co resultado de 0-1.

Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) :Na primeira parte sairon mellor eles,aínda que a primeira oportunidade foi nosa a tiro de Iván Rodríguez o pouco de empezar.Eles colleron a manixa do xogo e ainda que non acababan de ter ocasións si que se veía que podían marcar…a mellor foi unha de MC, está moi clara pero botouna fóra. Na segunda parte adiantaronse rápido con un gol de estratexia moi bonito.Despois nos demos un paso adiante con un cambio de sistema que xa nos dou posibilidades de conseguir o empate antes.Eles tiveron outra tan moi clara a pes de Bieito. A expulsión botounos un pouco atras e nos aproveitamos para consegui-lo empate nun balon colgado e de ahí xa os penaltis…despois xa ben o acerto tirando e parando. Caiu para nós…“.

Félix García, (Adestrador do CD Baio) : “Partido típico de copa onde non manda a lóxica nin as categorías dos equipos. Un partido que desde un inicio moi controlado e con moita iniciativa baiesa, pero a falta de acerto ante portería rival non permitiu chegar con clara vantaxe ó tramo final do partido, e foi onde aí o empuxe do Ponteceso fixo poñer a igualada no marcador. Gustaríame dar a noraboa o equipo rival e o meu colega Julio Vila, (mister), que demostrou ser un señor e gran adestrador consolando o equipo rival antes de ir a celebrar a sua clasificación. VALORES DEPORTIVOS E HUMANOS que non soen ser habituais…NORABOA”.

Goles : 0-1, Pablo, (47´), 1-1, Ángel, (90´).

 

-Parte do ambientazo na Arliña no Muxía-Fisterra-

 

 

 

-Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto Ponteceso-Baio : Luis González Botas