O CDM Piragüismo Dumbría é toda un exemplo e unha isntitución na Costa da Morte.
O Club Deportivo Municipal de Piragüismo Dumbría ven tendo que aturar dende o seu
nacemento o acoso permanente do agora presidente da Federación Galega de Pesca,
Manuel Mouzo Méndez, natural de Vimianzo e que está utilizano o seu posto na
federación para unha especie de cruzada persoal contra o clube Dumbries de máxima
categoría.
Despois de anos de denuncias por cada actividade que realizaba o clube de piragüismo,
das que ningunha saíu nunca adiante posto que a entidade sempre contou con tódolos
permisos e trámites precisos para celebrar as súas competicións, esta vez o mandatario
da Federación de Pesca escribiu un nóvo capitulo na súa loita contra o deporte costeiro:
Primeiro tratou de evitar a celebración da proba (que se calcula que pode supor ata
75.000€ de beneficios na Comarca) pedindo a súa suspensión cautelar denunciando
diante de Augas de Galicia que a celebración da proba de Copa de España
“contaminaría” o río e que naturalmente foi arquivada polo organismo autonómico dado
que “non se pode condenar un suposto delito que aínda non foi cometido”. Chama a
antención que de o redor das 100 competicions que hai de piragüismo en Galicia, Utilizara
o seu cargo para denunciar as dúas de Copa de España que se celebran en Dumbria.
A súa segunda estratéxia foi a de contra-programar unha competición de veteráns para
tratar de afundir a Copa de España; unha proba para a que, para non levantar a lebre non
comunicou a ningún dos concellos afectados nin á Xunta, coma indica a Lei do Deporte.
Ademáis, o ser unha competición de pesca necesítan que a central eléctrica de Fervenza
non solte auga, o que impediría o normal desenrolo da competición.
Dende o CDM Piragüismo Dumbría levamos semanas loitando por sacar adiante esta
proba, xuntando á tarefa de ter todo listo para acoller ós 28 clubes de toda a peninsula o
ter que loitar contra as institucións para lograr ter o caudal de auga necesário para a
normal celebración da proba, que a día de hoxe sigue peligrando.
Dende o CDM Piragüismo Dumbría estámos convencidos de que a proba vai sair adiante,
e se vai ter o caudal necesário, posto que o contrario crearía unha inseguridade en termos
organizativos que complicaría a concesión de competicións a nosa comunidade no futuro.
Se o único necesário para reventar unha competición de piragüismo é solicitar con
posterioridade unha competición de veteráns de pesca, facela coincidir en datas para
impedir que se celebre, quen garantiza que non o volverán a facer este mesmo verán, no
que Dumbría acolle unha competición que seleccionará os Sub23 e os Xuveniles que nos
representen nos Campionatos do Mundo?
Dende o CDM Piragüismo Dumbría se está en contacto permanente coas institucións da
Xunta de Galicia tratando de facer valer o ter a razón, pero de momento non e conseguiu
desencaiar o asunto perdidos nun laberinto de chamadas de telefono que non permite
avanzar, e a día de hoxe non hai auga garantída para a celebración da proba este fin de
semán.
Un dato máis, a competición convocada polo presidente da Federación Galega de Pesca,
Manuel Mouzo Mendez para reventar o deporte e a economía costeiras leva o nome do
Presidente da Xunta de Galicia. Saberá isto Rueda?
-Foto e texto : Prensa CDM Piragüismo Dumbría