CRÓNICAS DOS OITAVOS DE FINAL DA “COPA DA COSTA FEMININA” : “ASÍ VIRON OS ADESTRADORES COMO FORON AS ELIMINATORIAS”


Non houbo sorpresas nestes Oitavos de Final da “Copa da Costa”, a cuarta edición para a RFGF. O que podía ser unha final anticipada, sobre o papel, xa que esta competición está aberta a sorpresas, o Xallas derrotaba ao Cee, sobre o papel os dous equipos máis fortes e de categoría superior, pero ollo con todo isto xa que hai equipos que creceron de maneira enorme nos derradeiros meses, así como hai equipos que están estancados, e hainos que deron un paso atrás por mor das lesións en pezas esenciais.  Aquí tedes as visións dos encontros dende o punto de vista dos adestradores, Se falta algún poñerase cando nos chegue, e se non o poñemos é porque non nolo mandan.

Agradecer aos adestradores e colaboradores/as por axudarnos a facer estas crónicas que son cas suas verbas, propias e intransferibles, das que non nos facemos responsable.

 

-CRÓNICAS OITAVOS DE FINAL-

 

UD Cerqueda.

 

Ponteceso SD.

 

UD Cerqueda 1-4 Ponteceso SD

Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Eliminatoria de copa moi disputada, máis do que reflicte o marcador final.
Sabedoras de que ia ser un partido difícil, saimos con todas as gañas e ilusión de sacalo adiante. Puxémonos moi rápido por diante, e mediada primeira metade nun dos pouquiños erros que cometemos recibimos o empate. A segunda parte misma tónica de partido. A falta de 20 para o final poñense por diante. O final, intentamos ir polo empate, pero non foi posible e rompiu o partido. Gran encontro das rapazas, e dar a noraboa o Ponteceso polo pase de ronda
“.

Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) :Non empezou moi ben o conxunto pontecesán o seu andar na Copa, o equipo non xogou como ten acostumados os seus afeccionados. As cousas non saían o que fixo que nunha contra no minuto 6 o Cerqueda se puxera por diante. Sería Claudia a que, tras un saque en largo de Colores, anotaría o empate deixando o partido como ao principio. Na segunda parte as de Curro foron mellorando e tendo algunha ocasión máis. Pouco despois da hora de partido Myre poñería o 1-2 aproveitando varios rexeitamentos na área dando un pouco máis de tranquilidade ás pontecesás. O 1-3 sería obra de Muíño de falta e o último gol anotaríao a killer Andrea xa rozando o pitido final. Non foi o mellor día das de Ponteceso que ao final conseguiron permanecer na Copa ante un rival moi loitador e insistente no terreo de xogo.

Goles : 1-0, Lorena Pena, (6´); 1-1, Claudia, (11´); 1-2, Myre, (67´); 1-3, Muiño, (81´); 1-4, Andrea, (90´) .

 

 

As dumbriesas acordáronse da sua compañeira Adri.

 

CF Dumbría 2-0 ED As Miúdas

Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) :Partido un tanto “extraño” en sansecions, salimos o partido un tanto despistadas e contra un equipo muy ben plantado e que non iba poñer as cousas fáciles desde o minuto 1, así como estabamos espesas na zona de creación e finalización, na zona defensiva era todo o contrario, estabamos concentradas e solidarias o que nos evitou algún susto. Co paso dos minutos iríamos encontrando pouco a pouco o noso xogo conseguindo poñer o 1-0 antes do descanso e con algúnha que outra ocasión para coller cofianza e poder salir do descanso con outra idea.

A saída do vestuario o equipo saliría totalmente diferente, centradas no que tiñamos que facer e sendo capaces de dominar a posesión e activarnos rápido na recuperación no momento de perdida máis en bloque que de maneira individual coma na primeira parte, conseguiamos chegar a zona de finalización pero o bo bloque plantado polas Miudas non nos deixaban estar comodas para terminar de filtrar ou finalizar coma as nosas nos teñen acostumbradas, faríamos o 2-0 definitivo que nos daba a tranquilidad nunha muy boa xogada colectiva. Partido que nos pon os pes na terra e nos confirma cal e o camiño a seguir para competir como máis comodas estamos, Noraboa as Miudas polo partido que ofreceron, seguro que marcharon orgullosas sabendo cal e o camiño a seguir para que as cousas lles funcionen”.

Luis, (Adestrador do ED As Miúdas) : “A espera do comentario…”.

Goles : 1-0, (33´); 2-0, (53´)

Na acta da app da RFGF non aparecen as goleadoras.

 

 

CF Muxía 1-2 EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”

Jose “Congui”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido igualado donde se decidio a balón parado. Elas primeiro de corner e despois de falta, e nós fallamos un penalti, e xa no desconto, nun corner chegaba o defenitivo 1-2”.

Juan Cabrejo, (Adestrador do EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”) : “Partido no que sabíamos que o Muxía nos ía a poñer as cousas moi complicadas pero creo que no cómputo xeral dos 90 minutos fomos mellores, tivemos máis ocasións, tivemos máis dominio do balón e merecemos pasar, si ben e certo que o equipo muxián notou a baixa de Patri, unha das mellores xogadoras da liga e nótase moito, pero ten xogadoras que tamén está a dar un gran nivel. Moi contento cas miñas xogadoras,darlle a noraboa e a seguir dando pasiños de xigante e pasamos a eliminatoria que era o que queríamos”.

Goles : 0-1, Nuria, (13´); 0-2, Nuria, (30´); 1-2, Raquel, (93´).

 

Xallas FC 3-1 UC Cee

Jose Carlos “Rupper”, (Adestrador do Xallas FC) : “Boa entrada nunha final anticipada a xogada onte no Municipal de Fontenla, unha parte para cada equipo, o Xallas saíu o campo moi nervoso e con moita presión ó xogar na casa. En frente un Cee, moito máis intenso, que se adiantou nos primeiros minutos por medio de Lucia Martínez, nunha xogada de estratexia moi ben elaborada. Na segunda metade o Xallas subiu o ritmo. Olalla conseguia igualar o partido no minuto 51′, María nun saque de curruncho facía o 2 a 1 e de novo Olalla nos últimos minutos daba a tranquilidade as xalleiras co 3 a 1 definitivo”.

UC Cee : “Buscamos colaborador/ora”.

Goles : 0-1, Lucía Martínez, (4´); 1-1, Olalla, (51´); 2-1, María, (67´); 3-1, Olalla, (86´).

 

CF Mazaricos.

 

Outes FC 0-5 CF Mazaricos

Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Un partido que empezou mal para nos coa lesion importante de Alicia, a que aproveito para mandarlle moitos animos. Esto sacounos bastante do partido, o mazaricos meteunos atras e foron superiores. Mal partido noso, pero cambiara para o seguinte”.

Juan “Rachón”, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido sen sobresaltos o de copa. Salimos enchufadas e xa na primeira parte gañamos 0-3. Na segunda parte seguimos na mesma liña e conseguimos meter outros 2”.

Goles : 0-1, (21´); 0-2, (24´); 0-3, (24´); 0-4, (70´); 0-5, (77´).

Na acta da app da RFGF non aparecen as goleadoras.

 

UD Corcubión 1-0 SD Fisterra

Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “Partido con pouco acerto por ambos equipos onde acertamos nos cun penalti claro marcado por Trini. Volveu María, ainda que se lesionou Ana no calentamiento”.

Fran Pequeño, (Adestrador do SD Fisterra) : “A espera do comentario…”.

Goles : 1-0, Trini, (43´de penalti).

 

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores

-Foto : Mazaricos : Juan “Rachón”

-Foto Cerqueda : Dani García

-Foto Dumbría : Santi Cubelo

-Foto Ponteceso : Marcos “Curro”

-Foto Muxía-Camariñas : Marina Busto