XORNADA INICIAL POUCO PRODUTIVA NA 1ª FEDERACIÓN CON TAN SÓ 14 GOLES.

Riazor xuntou case tanta xente coma o resto de campos xuntos.

 

Tan só 14 goles nos 10 encontros na xornada inaugural do curso 2023/24 da 1ª Federación na que se deron 8 vitorias e 2 empates, con 7 vitorias locais e tan só unha visitante.

O Depor amosou boas cousas no seu estreo ligueiro pero faltoulle definir a multitude de chegadas e ocasións creadas, unhas veces por falla de puntería no remate, outras por remates mansos as mans do porteiro, ou boas paradas do mesmo, e a principal e que acabou dentro, que anulou o liña a pesares de estar ben colocado, por un fora de xogo inexistente. Os deportivistas remataban o encontro a cero ante un Majadahonda que só pasou 4 veces do medio do campo, e sen remtar nin un só tiro a porta. Outro empate deuse no Unionistas de Salamanca-Sestao River, e tamén foi a ceros.

No que se refire as vitorias locais, Osasuna Promesas-Cornellá, Nástic-Arenteiro, Real Sociedad B-Tarazona e SD Logroñés-Barcelona Athletic, acababa 1-0. CD Lugo-Teruel e Ponferradina-C.Vigo B, acababan 2-1, e a única vitoria a domicilio foi a da Cultural Leonesa ante o Fuenlabrada, (0-1).

Moita igualdade e moito xogo defensivo na maioría dos encontros, que deixa como lider a Ponferradina, Lugo, Real Unión, Cultural, Nástic, Osasuna, Real B e Logroñéz, todos eles con 3 puntos, logo, Majadahonda, Depor, Sestao e Unionistas con 1 e sen puntuar a C. Vigo B, Sabadell, Teruel, Arenteiro, Barcelona B, Cornellá, Fuenlabrada e Tarazona.

O vindeiro encontro do Depor será o sábado 3 de Setembro no Ánxo Carro a partires das 20:30 horas, (18:30 GMT). Un choque para o que o clube poñe hoxe a venda un pequeno paquete de entradas, xa que a Federación xa vendeu as que tiña, (40%).

Superados os 25.000 socios

O RC Deportivo anunciaba o pasado sábado no encontro ante o Majadahonda que se superaran os 25.000 socios, e que asistiron o primeiro encontro, a pesares de estar en vacacións, 20649 espectadores, cunha dúcia deles do equipo visitante. Leva o despacho de venta de novas altas un ritmo sen precedentes a estas alturas de tempada con arredor dos 7.000 máis ca tempada pasada no inicio ligueiro e a pouco máis de 300 menos ca o final da tempada pasada que se superaron os 25.400. A fidelidade e sentimento polo Depor non ten precedente no fútbol español, arrimando o hombreiro ao equipo a pesares de que fai anos que non é recíproco o que nos da o equipo.

A nosa crónica do Depor 0-0 Rayo Majadahona : PREME AQUÍ

Manifestacións en vídeo de Bergantiños, Idiakez, Balenciaga e Lucas : PREME AQUÍ

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies