O NOSO MISTER ETERNO, ARSENIO IGLESIAS, XA TEN A SUA RÚA.

 

A cidade da Coruña inaugurou hoxe unha rúa en honra de Arsenio Iglesias, o personaxe con maior influencia directa no terreo de xogo nos 118 anos de historia do RC Deportivo, moi preto do lugar no que ofreceu tantas tardes de gloria.

A Travesía Arsenio Iglesias é a explanada que une Manuel Murguía e a Avenida da Habana, finalmente a través dunhas escaleiras, trala Torre de Marathón.

Alí descubriuse a placa co novo nome da rúa, despois das intervencións de Carlos Ballesta, compañeiro e man dereita moitos anos, ademáis compareceu o  Antonio Iglesias, un dos fillos de Arsenio, e Inés Rey, alcaldesa da Coruña.

O noso agradecemento a este acto e as gracias ao que tivo a idea do sitio que se lle ía a otorgar a rúa ao noso mister eterno, Arsenio Iglesias, xusto detrás da porta por onde entraban e entran os que máis o admiraron e apoiaron.

Arsenio Iglesias é o adestrador que máis partidos oficiais dirixiu ao Dépor (568) e o técnico que levou ao Club a conquistar a súa primeira Copa del Rey en 1995. Arsenio estivo un cuarto de século vinculado de maneira directa ao RC Deportivo, como xogador do Fabril e do CD Xuvenil, como futbolista do primeiro equipo, como adestrador do Fabril e como técnico do primeiro equipo. Cun total de 714 partidos oficiais co primeiro equipo, como adestrador e como xogador, é o personaxe con maior influencia directa no terreo de xogo ao longo destes 118 anos.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/RC Deportivo