O MUXIÁN, RAÚL LEMA, CAMPIÓN DA DIVISIÓN DE HONRA CADETE CO RC DEPORTIVO CADETE A.

Raúl Lema é puro talento da costa.

 

O xoven muxián Raúl Lema que xoga no equipo Infantil A , debutaba co Cadete A do RC Deportivo e proclamábase este pasado sábado a falla de 4 xornadas para o final de liga, campión da División de Honra Cadete co primeiro equipo cadete do clube deportivista o derrotar o Xuventude Oroso por 0-7. Magnífico debút para Raúl, que ademáis marcaba un dos goles e asistía noutro.

Raúl que neste caso xogaba con rapaces dous anos maiores ca él volveu a amosar a sua magnífica calidade no terreo de xogo. Un talento que se lle augura un bo futuro no clube deportivista. O xoven muxián está preseleccionado ca Selección Española infantil.

Fin de semana extraordinario para a canteira deportivista

O Fabril gañaba en Oviedo, (1-2), e aseguraba a permanenza na 2ª Federación, namentras que o Xuveníl A, o Xuvenil B o Cadete A e o Alevín de Fútbol 11, quedaban campións de liga, e hoxe poderían sumarse máis títulos nos equipos de base, algo que fala moito da boa saúde da canteira deportivista.

-Foto : Javier Lema

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies