CRÓNICAS : VITORIAS DE SONEIRA E SPORTING SEAIA ANTE AMEIXENDA E LAXE, NOS ENCONTROS XOGADOS O SÁBADO NA 3ª DA COSTA.

 

Xogábanse dous encontros na tarde do sábado na penúltima xornada da 3ª da Costa tal e como xa vos informábamos na nosa Axenda do Fútbol Senor da Costa. Nun deles o Soneira ao que só lle valía a vitoria para esperar calquer tipo de carambola na procura de quedar segundo, posto que ten na man o Corcubión xa que ainda que o que está de segundo é o Sofán B, este ten un encontro máis cos corcubioneses os que lle quedan dous por disputar, por un os sofanistas e a distanza é de 3 puntos. Eso sí os corcubioneses non poden fallar. O Soneira derrotaba ao colista por 4-0 no Municipal de Vimianzo. O outro encontro enfrontaba a Laxe e Sporting Seaia, dous equipos que non se xogan nada, pois este ano nin temos a copa para seguir tódolos equipos, tras xogarse as primeiras eliminatorias no inverno, con mal tempo e sen público nos campos. Nun encontro de remontadas e goles dispares e que acabarían gañando os seaieses.

 

Soneira SD 4-0 SD Ameixenda

Josiño Abelenda, (Adestrador do Soneira SD) : “A espera do seu comentario para poñelo aquí”.

Fernando Domínguez, (Delegado do SD Ameixenda) : “A espera do seu comentario para poñelo aquí”.

Goles : 1-0, Javi Oreiro, (10´); 2-0, Gabri, (77´); 3-0, Gabri, (81´); 4-0, Nando, (desconto).

 

Jacobo, o ano pasado porteiro do Laxe, no día de onte dianteiro e con gol.

 

SD Laxe 3-4 Sporting Seaia CF

A espera dun colaborador do SD Laxe…

Dani Calvete, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “Partido sen tensión, entre dous equipos que non se xogaban nada na clasificación, unha primeira parte de tolos, todas as ocasións acababan en gol e levou o descanso con sete goles, (3-4). Unha segunda parte máis controlada pola Seaia, non concedía ocasións e dispuxo de varias para aumentar a ventaxa sen éxito”.

Goles : 1-0, Bieito, (11´); 1-1, Fran Montes, (13´); 2-1, Jacobo, (81´); 2-2, Sergio, (22´); 2-3, Ferreiro, (29´); 2-4, Sergio, (37´); 3-3, Paredes, (45´).

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”