AXENDA DE TODO O FÚTBOL SENIOR DA COSTA EN HOMES E MULLERES, SENIOR E VETERANOS PARA Ó 3-4 DE MAIO DE 2024.

O Baio xoga unha das 3 finais que lle quedan pola permanenza na 1ª Galicia.

 

Aquí tes a axenda de todo o que se vai xogar no fútbol senior de homes, mulleres e dos veteranos da costa e ligas nas que temos representantes da costa. Que non son completamente da costa temos a Preferente Norte, (na que só está o Sofán), e 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, (na que están o Dumbría, Esteirana, Baio, Fisterra e San Lorenzo). En mulleres na 1ª División Galega temos o Bergantiños, na 2ª Galega Feminina G1, están o Xallas, Cee e Miúdas, e na 3ª División Galega Feminina G2, son tódolos equipos costeiros menos 3 e deses tres un deles foi antigamente da costa, (Noia). Tamén temos os Oitavos de Final da “Copa da Costa de Veteranos”.

Se non temos erros nas nosas táboas, hai na xornada sabatina hai 4 encontros, o resto son antre a mañán e a tarde do Domingo.

O que sí hai sábado moitos encontros no Fútbol Base da Costa, e tamén moitos o Domingo :

Axenda do Fútbol 11 Base : PREME AQUÍ

Se vedes que algún día de encontro ou horario está mal agradecemos que nos avisedes, xa que os collemos os xoves-venres da web da RFGF e as veces trocan algún xusto no mesmo día ainda que esté solicitado e confirmado polo clube dende o martes. Contactos : admin@piratasdemuxia.es. Watsapp-Tlf : 626 72 00 47

Pronóstico do tempo

Na madrugada deste sábado irase quedando calma i en torno as 11:00 o vento rolará de suroeste, (SW), a oeste, (W), e abriranse claros para quedarse unha mañán solleira, con posibles chuvias e como acostuma a facer nesta época, tras elas en poucos tempo sol. Pola tarde voltará a encapotarse, pero con chuvieiras canto máis o sur. O Domingo os ventos serán variables e con intervalos de nubrados, sol e chuvieiras, máis pola mañán, quedando os ventos, (floxos), da cadrante norte, (N), polo que as temperaturas serán máis frescas. Tempo típico de primavera, e que naide se extrañe pois Maio é un dos meses máis chuviosos do ano, so que como decían os vellos, “os días son tan longos que dan para todo…que faga vento, chuvia e sol”. O tempo tomámolo da boia marítima meteorolóxica que seguimos para os partes do mar, de Muxía para norte e Sur. No interior todo depende no que se refire o vento de se está máis ou menos abrigado do cadrante que sopla. Con respecto a chuvia según do cadrante que cae será máis abundante nas zonas que marca ese vento. Canto máis para o sur ou o norte.

 

 

Crónicas dos encontros do sábado : PREME AQUÍ.

 

Crónicas dos encontros do sábado : PREME AQUÍ.

 

 

 

 

-Foto Baio : Luis González

-Montaxes e texto : Xosé Búa “Pirata”