O Corme derrotaba a domicilio ao Corcubión no encontro que faltaba por xogarse dos Cuartos de Final da Copa da Costa, nos que esperaba rival para semifinais o Xallas. As cormelanas puxéronse 0-1 moi pronto, aos 6 minutos de xogo, e a volta de vestiarios facían o 0-2. Non se ven abaixo o equipo de Rubén Castillo que acurtaba pouco despois do gol cormelán. Non foi ata o 71 cando as de Rubén Souto poñían terra de por medio, e pouco despois asestaban o golpe definitivo. Xa sin tempo a reacción chegaba o 2-4 definitivo. Agora as semifinais están en principio para o Domingo 26, ainda que poderían adiantarse o 21, tal e como nos din algúns colaboradores, cousa que nin confirmamos, nin afirmamos, e tendo en conta que está en mans de quen está. Xa iremos informando.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”