RESULTADOS DE TODO O FÚTBOL SENIOR MASCULINO E FEMININO DA COSTA EN CÓMODAS TÁBOAS.

O Dumbría Feminino campión da 3ª Galega.

 

Aquí tes a axenda cos resultados de todo o que se xogou no fútbol senior de homes, mulleres e dos veteranos da costa e ligas nas que temos representantes da costa. Que non son completamente da costa temos a Preferente Norte, (na que só está o Sofán), e 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago, (na que están o Dumbría, Esteirana, Baio, Fisterra e San Lorenzo). En mulleres na 1ª División Galega temos o Bergantiños, na 2ª Galega Feminina G1, están o Xallas, Cee e Miúdas, e na 3ª División Galega Feminina G2, son tódolos equipos costeiros menos 3 e deses tres un deles foi antigamente da costa, (Noia). Tamén temos os Oitavos de Final da “Copa da Costa de Veteranos”.

Axenda de resultados do Fútbol 11 Base : PREME AQUÍ

 

DESTACADOS

O CF Dumbría acada o seu primeiro título de liga da 3ª División Galega Feminina a falla de duas xornadas para rematar o campionato, o derrotar o CF Muxía por 0-6, con 3 goles da muxiana, Eva Leis, e aproveitar a derrota do Corme CF en Carballo, sendo as cormeláns as únicas que lle podían discutir o título e conseguinte ascenso direto a 2ª División Galega. A nosa noraboa a tódalas/os que forman o CF Dumbría Feminino. Na parte triste o ED As Miúdas xa está descendido matematicamente da 2ª Galega. Un descenso que trsitemente xa estaba máis ca cantado.

Outra nova destacada foi a derrota do CD Baio na 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago. Esta derrota ante o CD Unión, (3-0), unido a vitoria do SD Agolada ante o SD Fisterra, (0-2), fai que os baieses volvan a estar en posto de descenso cos agoladenses a 3 puntos. Certificou a Esteirana a permanenza e está a 1 punto o San Lorenzo. 

Nos veteranos da costa xogáronse os Oitavos de Final nos que en dous encontros houbo que decidir quen pasaba a Cuartos dende o punto de penalti. Por outra banda o Comité de Competición da RFGF tralas aclaracións que lle pideu o colexiado do encontro Ponteceso-Dumbría desta copa, decideu expulsar da mesma o Ponteceso e os dumbrieses xogarán o vindeiro Domingo 12 de Maio o encontro de Oitavos de Final contra o Soneira, e logo o de Cuartos, que os equipos xogarán ese mesmo día, o gañador xogará co Cabana o 17 de Maio “Día das letras Galegas”.

 

 

Crónicas dos encontros do sábado : PREME AQUÍ.

 

Crónicas dos encontros do sábado : PREME AQUÍ.

 

 

 

 

-Foto Dumbría : FaceBook do clube

-Montaxes e texto : Xosé Búa “Pirata”