CRÓNICA : MUXÍA E PORTEÑO EMPATAN E DEIXAN TODO PARA O ENCONTRO DE VOLTA DAS SEMIFINAIS DA “LIX COPA DA COSTA”.

Muxía e Porteño ofreceron un encontro moi disputado cun xusto empate.

 

Xogouse o primeiro dos encontros da semifinal da LIX Copa da Costa neste “medio” festivo, nun campoda Arliña que tivo unha excelente entrada pero que podería ser moito mellor de xogarse no sábado ou Domingo, pero ambos equipos teñen o Domingo encontrom de promoción de ascenso a 1ª Galicia G2. Mañ´na sábado xogarase o outro encontro de ida destas semifinais, e do que teden toda a información máis abaixo.

 

CF Muxía 2-2 CF Porteño

Partido tremendamente igualdo, moi físico, sen un dominador común, agás no derradeiro cuarto de hora de encontro onde os muxiáns foron máis donos do balón. Ocasións moi poucoas, pero si chegadas de perio. Adiantouse o equipo porteño preto da media hora de xogo nunha xpogada na que un centro envenenado a área muxiana foi mal recibido polo meta dos muxiáns que no seu intentio de despexe mandaba o balón o fiondo da sua propia porta. Non tardou en empatar o equipo muxiáns, que nunha moi boa entrada por banda esquerda con centro wue foi medio gol, Hugo batía a José Manuel. Co empate chergábase o descanso. Tras moito medio campismo e xoogo de moito contacto, Andrade facái o 1-2 a saida dun saque de curruncho. Parecía a única maneira de que chegase un gol. Pois asía chegou o empate. O Muxía foise arriba e tras moitos balóns colgados, chegaba un saue de curruncho, que culminaba Hugo. Ata o final o encontro sigueu igual, pouco fútbol pero moita entrega e tesón por parte de ambos equipos.

CF Muxía : Jose Lema, Peski, Ánxo, Michael, Gusa, Fran Moreira, Víctor Alcaina, Julián, Manu Nogueira, Hugo e Mauro Romaní. Tamén xogaron : Víctor Suárez, Mateo, Kevin, Iago Muiño, Xan Nogueira, David e Manuel.

CF Porteño : José Manuel, Andrade, Rodrigo, Brais, Pardiñas, Crístian, Brais, Alan, Daniel, Joseba e Pablo. Tamén xogaron : Joel, Canosa, Nico, Ventoso, Jairo, Miguel e Vicente.

Goles : 0-1, Lema, (28´en propia porta); 1-1, Hugo, (30´); 1-2, Andrade, (65´); 2-2, Hugo, (77´).

Árbitro : Manuel Mouzo Castro, con Carlos Señarís e Alfondo Caamaño nas bandas. Amonestou a David e Manu Nogueira, polo Muxía e a José Manuel, Brais e Pardiñas polo Porteño, no que expulaou o adestrador Javi Baña con vermello direto.

 

Ponteceso SD  CF Dumbría

Día : 18/05/2024

Hora : 17:00

Campo : O Pinguel, (Ponteceso)

Árbitro : Vitor Recarei Añónç

Asistentes : David Cancela e Daviz Vázquez

 

 

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”