Muxía pechou esta semana con grandes logros para veciños da Vila da Barca. Felipe Sar músico e mestre de gran talento acadaba o Premio Martín Códax da Música 2024 na Categoría de Música Tradicional, cos seus compañeiros do grupo tradicional Os Melidaos. Pola sua banda a escritora muxiana, Rosalía Fernández sumaba un novo premio, desta volta era o prestixioso premio literario “Vidal Bolaño”, e pola sua banda as rapazas do instituto “Ramón Caamaño” de Muxía, participaban no CanSat 2024 celebrado en Murcia, representando a Galicia e acadaban un extraordinario e histórico segundo posto co seu proxecto.
O CanSat é unha iniciativa da Axencia Espacial Europea que desafía a estudantes de toda Europa a construír e lanzar un mini satélite do tamaño dunha lata de refresco. Un CanSat é unha simulación dun satélite real, integrado dentro do volume e a forma dunha lata de refresco.
A nosa máis cordial noraboa a Felipe, Rosalía e as rapazas do instituto muxián e o profesorado que participou con elas.
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Foto : FaceBook, CanSat, Felipe e Rosalía.