Completáronse as semifinais da LIX Copa da Costa co encontro antre o Ponteceso e o Dumbría, tras xogarse o venres o Muxía-Porteño que remataba en empate a dous nun campo da Arliña cunha excelente entrada, e que podía ter sido mellor de xogarse na find e semana. O Pinguel acolleu unha gran asistenza de afeccionados para ver o choque antre os pontecesáns e o favorito, Dumbría, nun choque que quedou aberto a todo para a volta, ainda que o equipo da 1ª Galicia leva unha pequena, pero importante ventaxa. A crónica queda aberta ata que teñamos o coemntario do adestrador dos dumbrieses, ou calquera do clube, (si queren).
Ponteceso SD 1-2 CF Dumbría
Campo : O Pinguel, (Ponteceso)
Árbitro : Vitor Recarei Añón. Amonestou a Abel polos pontecesáns e polos dumbrieses a Alejandro, Raúl e Miller
Asistentes : David Cancela e Daviz Vázquez
Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Penso que victoria merecida para o Dumbría. No plano condicional eles foron mellores ca nos.Disputan todo,presionan moito e tenhen un ritmo de xogo superior o noso,nese aspecto son difíciles de igualar e foi o que lle levou a adiantarse con dous goles de ventaxe.Despois cos cambios e co resultado a favor baixaron un pouco e nos aproveitamos para achegarnos con algunha acción a balón parado que nos dou para ponher o 1-2 xa o final.Eso danos un fío de vida de cara o partido de volta e a eso nos vamos agarrar.Quedan 90 minutos tanto ou máis complicados ca estes.Hai que seguir…”.
Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “A espera do seu comentario…”.
Ponteceso SD : Damián, Jesús, Eloy, Iván, Alberto Recarey, Hadri´zn, Abel, Javi Souto, David, Ángel e Pedro. Tamén xogaron : Ures, Juan, Daniel, Samuel, Raúl, Martín e Hugo.
CF Dumbría : Samuel, Pablo, Álex, Raúl, LucasJosé, Ánxo, Miller, Daniel Chao e Papa. Tamén xogaron : Miguel, Alejandro, Sergio, Álex Blanco, Adrián e Antón.
Goles : 0-1, Raúl, (18´); 0-2, Raúl, (52´); 1-2, Javi Souto, (90´).
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”