CRÓNICA : COMPLETADAS AS SEMIFINAIS DA COPA DA COSTA DE VETERANOS QUE SE XOGARÁN ESTE DOMINGO.

 

Faltaba por saber quen sería o rival do Oza en semifinais da Copa da Costa de Veteranos, un posto que se xogaban na mañán deste Día das Letras Galegas antre o Cabana e o Dumbría. Un choque no que se adiantaron os dumbrieses por medio de Daniel Mato aos 8 minutos de xogo e que empataba para os cabaneses Carlos aos 24 minutos de encontro. Martín, antes do descanso desfacía a igualada a favor dos dumbrieses e él mesmo sentenzaba nos derradeiros intres do encontro, (88´), cos cabaneses a procura do empate. O Dumbría recibe o Domingo no Conco ao Oza, ca arbitraxe de Manuel Castro, namentras que o San Román, recibe o San Ramón, a mesma horz no derbi larachés que se xogará ca arbitraxe de Juan Manuel Prieto.

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”