ROLDA DE PRENSA DE IMANOL IDIAKEZ . “O QUE LLE PASA A MELLA É QUE CADA SEMANA LLE DAN UNHA “GALLETA”.

 

Imanol Idiakez advertiu este mediodía na sala de prensa de Abegondo que mañá sábado 16 de marzo ás 18:00 (TVG-2 e FEF TV) en ABANCA-RIAZOR ante o CE Sabadell FC “temos unha final, temos que gañala, temos que saír con todo, temos que meter a pata, disputar cada pelota, cada duelo”.

Pide centrarse “no seguinte paso. Estamos no quilómetro 31 do maratón e agora hai que facer mañá o quilómetro 32. E hai que facelo a 3 e pico se queremos gañar o maratón. Ese é o obxectivo. Non hai outro porque se no quilómetro 31 empezas a pensar en chegar á meta non chegas. Hai que pensar no quilómetro, en camiñar, en andar. A vida é iso e no deporte profesional máis”.

Así pois, insiste en que “mañá toca o CE Sabadell FC, unha oportunidade de facer o resultado do outro día bo, de seguir na dinámica na que estamos, de conseguir puntos, de seguir coa ilusión en ABANCA-RIAZOR, de volver gañar diante de #ANOSAFORZA… Hai unha chea de alicientes para o partido de mañá e pensar en máis aló é bobada porque o único que está ao noso alcance agora mesmo é o partido de mañá”.

O adestrador deportivista opina que o empate do pasado domingo en Tarragona “foi unha boa pedra de toque, darnos conta que no fútbol deste nivel non é normal gañar todos os días por 4 goles. Converteramos en normalidade algo anormal. Serviunos para darnos conta que a realidade é máis a da semana pasada que as semanas anteriores”.

Do rival, o CE Sabadell FC, advirte que “vén un equipo que desde que está Óscar Cano ten números de play off, está nun bo momento, xoga moi ben ao fútbol, ten futbolistas importantes e vainos a expor un partido de máxima dificultade. E o Dépor está preparado para asumir un tipo de partido así”.

Recalca que o conxunto catalán “xoga moi ben, ten unha estrutura moi clara, xúntanse moito, teñen xente de moi bo pé, xente de calidade desde a saída da pelota, dous bos medioscentros, xente que engancha… E logo velocidade arriba con Baselga, Marruecos, Abde… Teñen xente importante, Manel como referencia cando ten uns minutos. É un equipo que está moi ben. Astals en dereita, Toni Herrero con moi bo pé en esquerda, é un equipo con moitos recursos e por iso desde que chegou Óscar Cano están a facer números de play off. Espero un moi bo equipo que nos vai a pór as cousas moi difíciles e vainos a obrigar a facer un moi bo partido”.

Cun partido de sanción, o segundo, que cumprirá mañá en ABANCA-RIAZOR, Imanol Idiakez resta importancia a esta circunstancia: “Mario (Gibanel) é un tío moi preparado. Seguramente sabe máis de fútbol e adestramento que eu. Non hai ningún problema. Todo o contrario. O fútbol é dos futbolistas. Nós tentámoslles axudar entre semana e o día de partido tentando que poidan ver algunha cousa que eles desde dentro non vexan. Teño confianza absoluta no meu cadro, e por suposto en Mario e en toda a xente que temos aquí. Mañá os que van ter que marcar un gol non somos nin Mario, nin eu nin Óscar Cano”.

-Foto, texto e vídeo : RC Deportivo

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies