O MUXIÁN, CRISTOBAL EIRANOVA CORRE MAÑÁN SÁBADO NO “RALLY DA CORUÑA”.

 

O muxián Cristobal Eiranova Lema, (Muxía, 09/11/1985), correrá mañán sábado, no Rali da Coruña. O xove corredor xa fixo os seus primeiros “pinitos” nos ralis no 2008 no “Rally Sur do Condado”, pero deixouno a pesares de que daquela a experienza foi boa e volveuno a retomar fai un par de anos. Fai pouco compiteu no Rally do Mencía e no Piñor e agora competirá na porta da casa no da Coruña, ca idea de sair tamén no de Ferrol, Narón e Rías Altas. Cristobal porta no seu BMW o número 17.

O Ralli da Coruña disputase este sábado 16 de Marzal e Domingo 17 e participan 107 pilotos. Comeza ás 08:31 horas ca saida do dorsal número 1, do dumbriés, Víctor Senra o rival a batir e campión do rali coruñés no 2017, 2029, 2021 e 2023. e que ten o mérito de ser campión galego e 7 ocasións.

 

-Foto : Cristobal Eiranova/José A. Santiso

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies