Cáseque o dobre de licenzas en Galicia de fútbol feminino en 5 tempadas
Alá pola tempada 2014/15 había en Galicia un total de 2.406 licenzas femininas de fútbol, unha cantidade que foi crecendo a razón de en torno as 300 licenza as duas seguintes e que engordou ata as 600 fai duas tempadas e 500 ata na pasada alcanzar as 4.088. Unha tempada a pasada na que se creou a Liga Promesas da RFGF para as máis pequenas que foi todo un éxito, e este ano teremos a Liga Galega Infantil que seguirá dando un pulo ao fútbol feminino e na que as rapazas poderán xogar tanto no equipo integramente feminino coma no mixto do seu clube.
O traballo das escolas municipais foron o xerme de que as rapazas se fosen arrimando a un deporte que non fai moito a maioría vía como de homes, en especial nos pobos pequenos. Primeiramente co fútbol sala feminino co deporte escolar e despois co fútbol 8. Moi poucas eran as rapazas que pasaban de infantís e moitas pasábanse ao fútbol sala, que tamén axudou e moito o crecemento do fútbol feminino, pois moitas compaxinaron as duas modalidades cando foron aparecendo equipos femininos.
Na actualidade na costa ainda hai moi poucos equipos de fútbol feminino pero está a crecer. Nas categorías de base non existe ningún e as nenas xogan en equipos mixtos de fútbol 8, en equipos infantís ou en algún caso raro en cadetes e xuvenís. Fai 3 anos o Bergantiños CF deu o primeiro paso ca creación do seu equipo que milita na 2ª División Galega Feminina, e un ano despois foi dende o sur da costa o Escolas Deportivas Os Miúdos de Muros o que deu un paso adiante para crear un equipo feminino, o que nós denominamos “AS Miúdas”. Nesta tempada o UD Paiosaco terá un equipo de fútbol 11, que militará coas bergantiñanas na 2ª División Galega e outro de fútbol 8 que presumiblemente xogará nas ligas coruñesas. No tocante as máis pequenas as Escolas Luis Calvo Sanz competiron a pasada tempada na Liga Promesas, un paso máis da RFGF que se está volcando en dar pé a que as rapazas se arrimen ao fútbol feminino e a seguir crecendo.
LIGAS GALEGAS DE FÚTBOL FEMININO
En Galicia contaremos polo tanto a vindeira tempada coas categorías de fútbol feminino da : 1ª División Galega, 2ª División Galega, (grupo único); 2ª División Galega, (4 grupos); Liga Fútbol 7, (2 grupos); Liga Femenina Fútbol 8, (3 grupos); 1ª Infantil, (en construcción); Liga Promesas, (2 grupos : Prebenxamín,Benxamín e Alevín)
LICENZAS DE FÚTBOL FEMININO DA RFGF
2014/15 : 2.406
2015/16 : 2.771
2016/17 : 2.996
2017/18 : 3.591
2018/19 : 4.088
-Datos facilitados pola RFGF-
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es