GAKU SHIBASAKI CON VARIAS OFERTAS, MOI PRETO DO DEPORTIVO

Foto : Google Images

Gaku Shibasaki pon da sua parte para acabar no Deportivo

O xogador xaponés, Gaku Shibasaki, (Noheji-Aomori-Xapón 28/05/1992), que a piques estivo de chegar ao RC Deportivo no mercado de inverno, e que se frustrou a sua chegada por culpa do Getafe CF, co que ten contrato ata 2021, o volverse atrás os xetafenses no derradeiro intre, cando estaba todo firmado, ata polo xogador que estaba coa sua selección, quer vir para o Depor xa que como bo xaponés a hora é o primeiro e dixo naquel intre que viña para aquí, a pesares de ter ofertas de outros equipos de categorías superiores.

O nipón sigueu ao equipo deportivista na promoción de ascenso e xa Carmelo del Pozo dixo na derradeira rolda de prensa, que él mesmo quería vir para o clube branquiazul porque lle parecía un bo sitio no que seguir crecendo futbolísticamente. Polo que nos comenta un amigo asiduo visitante de Muxía e próximo ao Getafe CF, hai conversacións moi avanzadas e están a tentar aproximar posturas de como chegaría a Coruña, se cedido con opción de compra obrigatoria, se cedido sen máis, para tratar de poñer como escaparate e cun número de encontros obrigatorios nos que debería xogar, ou se traspasado con clausulas por obxetivos.

Shibasaki, centrocamista de calidade que pode xogar de extremo, chegou a España por medio do Tenerife, no que fixo unha boa campaña na que xogou 16 encontros, marcou 2 goles e deu 3 asistencias. Aí fixouse o Getafe CF nél, e na Segunda disputou 22 encontros e marcou 1 gol, non foi así na 1ª División na que non foi do gusto do adestrador Borbalán, que só o aliñou en 7 encontros de liga e 2 de Copa.

Foi internacional xaponés dende Sub 17 e na absoluta leva xogados 37 encontros con 3 goles. A sua derradeira participación foi na Copa América na que o conxunto “xapo”, estivo como invitado e no que xogou os 3 encontros que disputaron.

Antre os seus logros, a maioría co seu club de inicio o Kashima Antlers, ten o de ser elixido como “Balón de bronce” no Mundial de Clubes. Ostenta 3 Copas da Liga Xaponesa, 1 liga, 1 Copa Emperador e a nivel internacional ten 2 Copas Suruga Bank, que enfronta cada ano ao campión da Copa de Xapón e ao da Copa Sudamericana.

De concretarse a sua fichaxe sería un luxo para o Depor na 2ª División contar cun xogador da calidade de Gaku Shibasaki, sempre tendo en conta que se adaptase ao noso clima e o fútbol da 2ª División, que é un “handicap” para moitos xogadores que chegan de paises ou ligas superiores. Na “Wikipedia” xa o dan por feito e apúntano como xogador deportivista, pero un dos que máis forte está a apuntar por él é o Pumas mexicano, xa que gustou moito na Copa América…

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies