Juan Carlos segundo pola dereita.
O Pontevedra CF felicitaba aos rapaces do seu equipo Benxamín B polo acadar o título de liga, pero a felicitación era especial para este grupo de nenos pois facíanse co título de liga contra pronóstico, xa que os equipos B de tódolos equipos de base é onde comezan os máis novos para que se vaian facendo e o ano seguinte pasar o A. Neste caso os rapaces de primeiro ano foron quen de alzarse co campionato contra equipos con rapaces de como mínimo, un ano máis vellos ca eles, e polo tanto cun ano máis de experienza, que nestas edades nótase máis.
Antre estes rapaces temos ao muxián, Juan Carlos Sambad Romero, que por traballo dos pais vive na Capital do Lérez. O neno, que xoga de centrocampista, fichou polo clube pontevedrés con 5 anos en prebenxamín, e agora con 8 levanta a sua primeira copa de campión.
A nosa máis cordial noraboa para él e os seus compañeiros.
-Foto : Abraham Sambad/Pontevedra CF
-Texto : Xosé Búa “Pirata”