CRÓNICAS 27ª XDA 2ª GALEGA FEMININA G1 : “VITORIA DO XALLAS, EMPATE DO CEE E DERROTA DO MIÚDAS”.

O Xallas trala derrota da pasada semana ante o lider da competición, Atlético san Pedro recuperaba a senda do trunfo para seguir soñando ca permanenza na categoría, na que a falla de 9 puntos por disputarse ocupa a praza que marca esta posibilidade. Pola sua banda o empate do Cee en Maniños alonxa as ceenses desta posibilidade pero ainda ocn opcións. Pola sua banda o Miúdas recibeu unha goleada na sua visita ao Silva e está desexando que acabe a tempada para recuperar xente e sensacións.

Volve a Copa da Costa

Este mércores comeza a Copa da Costa, a cuarta edición baixo a tutela da RFGF, unha copa que trouxo moita polémica e para a que se elixeu o seu comezo neste día, cos equipos inmersos en varias loitas e nun “Día do traballo”, que non é festivo para todo o mundo, polo que tanto neta categoría coma nos homes os equipos terán baixas pro problemas de traballo. O final do artigo tes os enfrontamentos e horarios destes Oitavos de Final.

 

-CRÓNICAS 27ª XORNADA-

 

Xallas FC 2-0 SE Abella SDE

Rupper, (Adestrador do Xallas FC) : “Nova victoria no Fontenla e portería a cero diante das terceiras clasificadas. As xalleiras basaron o seu triunfo en dous goles de: Olalla antes da media hora e Paula Barcia definindo perfectamente ca súa perna menos boa a volta do descanso. O xallas xogou con afouteza para acadar os tres puntos. Maria e Noelia foron donas do balon e o equipo visitante non foi quén o ante a boa circulación de balón das locais de ter opcións neste partido no que Rosio non tivo apenas que intervir. Con este triunfo as verdes, manteñense na pelexa pola terceira praza que nos queda a 5 puntos, lonxe pero que imos a loitar por ela a pesares do cargado que temos este mes de maio. Agora toca desconectar da liga e pensar na copa que é unha competición moi diferente“.

Xallas FC : Rosio; Laura, Saskia, Otero, Carla; Noe, Maria, Barbeira; Paula Barcia, Olalla e Michelle.
Tamén xogaron : Daniela, Yaiza, Zaira e Claudia Facal.

Goles : 1-0, Olalla, (27´); 2-0, Paula, (50´).

Árbitro : David Castreje. Amonestou a Sahara e Antía do Abella.

 

Silva SD 4-0 ED As Miúdas

Chegou con tan só 13 xogadoras ao A Grela 1 da coruña o equipo muradán que a media hora xa perdía por 3-0. Un gol nos primeiros compases do segundo tempo xa mataron o encontro definitivamente.

 ED as Miúdas :  Atenea, Elba, Alba, Leire, Ximena, Cristina, Adriana Siaba, Marta, Adriana Piñeiro, Paula, e Carlota. Tamén xogaron : Pati, e Ana.

Goles : 1-0, Silvia, (6´); 2-0, Silvia, (22´); 3-0, Ariadna, (34´); 4-0, Ariadna, (50´).

Árbitro : Manuel Iglesias. Non amosou ningún cartón.

 

Cultural Maniños 1-1 UC Cee

Chegaban as ceenses a Maniños con moitas baixas e tan só dous recambios no banco. Fóronselle os 3 puntos ao equipo ceense nos derradeiros intre do encontro perdendo a oportunidade de seguir loitando por meterse nos postos d loita pola permanenza que lle quedan agora a 6 puntos con 9 por disputar. Adiantábanse as ceenses cun tanto de Nayara nos primeiros compases do encontro e empataba para as de Ferrolterra, Paula con pouco tempo para o final.

UC Cee :  Valeria, Lucía Rodríguez, Lucía Facal, Nerea, Paula, Saray Duarte, Nayara, Lucía Martínez, Laura e Sabela. Tamén xogaron : Noemi e Minerva.

Goles : 0-1, Nayara, (13´); 1-1, Paula, (86´).

Árbitro : Xoana Crespo. Amonestou as locais, Laura e lorena e expulsou con dobre cartón, os dous no desconto final a goleadora, Paula.

 

CLASIFICACIÓN

O Xallas alcanza os 45 e continúa na sexta praza que da dereito a loitar por permanencer na liga a vindeira tempada e a 5 puntos do Abella que marca as posicións de promoción de ascenso. Lidera a clasificación o Atlético San Pedro con 66 puntos, seguido do Pastoriza con 63 e de terceiro o Abella con 50. O UC Cee cae a 11ª posición con 38 a 1 do Brexo Lema e 3 do As Antas. O As Miúdas continua na penúltima praza con 10 puntos.

 

COPA DA COSTA

-Oitavos de Final-

Mércores 01/05/2024

Cerqueda-Ponteceso, ás 18:30 horas

Dumbría-Miúdas, ás 18;30 horas

Muxía-EF Juan Cabrejo, ás 16:00 horas

Xallas-Cee, ás 18:00 horas

Outes-Mazaricos, ás 19:30 horas

Corcubión-Fisterra, ás 18:00 horas

-Foto : 

Texto : Xosé Búa “Pirata”/Rupper

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”