“AS NOSAS ESTRELAS DA SEMANA” : BARCA TOBA, ALBERTO CAAMAÑO, GRAN FONDO DO ÉZARO, E SELECCIÓN FEMININA DE BASQUET.

“As nosas estrelas da semana”

 

Foto : Barca Toba

Barca Toba campiona do “Gran Fondo do Ézaro” en mulleres 80 Kms

A muxiana Barca Toba Suárez que xa nos ten acostumado aos seus grandes éxitos, acadados en Fútbol Sala Feminino, Fútbol campo ou en Atletismo en pista e o aire libre, desta volta deulle unha volta de torca, (valga a redundancia), a sua enorme capacidade deportiva e subíuse por primeira vez a competir nunha proba ciclista, foi este pasado Domingo no “Gran Fondo do Ézaro” e xa non é que saira contenta do seu rendemento, pois o que máis e o que menos xa estaría contento con acabar a proba, pero ista “amazona”, (entendamos o adxetivo como muller guerreira, como na mitolóxía graga que nunca se daban por vencido), chegou na primeira posición, con 2 horas e 34 minutos, un feito máis polos que é obrigado para nós tela no noso cadro de honra das “nosas estrelas” desta semana, polo que estará toda a semana neste apartado de recoñecemento da nosa web. Decvíanos ela sobre a carreira que : “As sensacións foron boísimas en todo o percorrido…si que e certo que tamén o coñecía…pero ainda así sorprendinme do ben que fun…Onde sí máis sufrín foi no mirador. Pero polo resto moi ben. Regulei ben e acabei forte. De feito ata Muxía intentei ir co pelotón e despois xa tirei ata o final eu pois o pelotón xa se desfixo, polo que cada un xa ten que lidiar só”.

 

Foto : Alberto Caamaño

Alberto Caamaño campión das 3 modalidades de culturismo do campionato galego

Durante a semana trouxémosvos unha pequena entrevista co muxián de Quintáns, Alberto Caamaño que se proclamaba en Lugo campión das 3 modalidades de culturismo, (principiante, classic physique e senior), sendo o primeiro na Costa da Morte en acadar este tremendo éxito. Algo o alcance de moi poucos. Alberto que leva pouco tempo neste mundo representou a nosa zona por primeira vez niste deporte, levándose as 3 preseas máis precidas, por iste motivo é merecedor do noso recoñecemento e formar parte esta semana do cadro de honra das “nosas estrelas”.

 

Foto : Zikloland

Gran Fondo do Ézaro un éxito en todo

O decir que queremos darlle un recoñecemento ao “Gran Fondo do Ézaro” e que forme parte esta semana do cadro de honra das “nosas estrelas”, queremos decir que premiamos con iste recoñecemento non só a carreira, que sí, que o decimos, senón que tamén recoñecer a enorme labor da orgañización, que foi excelente, a participación, que foi extraordinaria, o efecto mediatico a nivel mundial, que foi enorme, a seguridade , que foi de “10”, o ambente, que foi inmellorable. A todo en xeral, pois para cadar un éxito tan rotundo, non debe fallar nada de esto, e non fallou, polo tanto o noso recoñecemento, a carreira, a orgañización, aos participantes deportivos e aos de seguridade, (garda civil, policías locais, proteccións civís, colaboradores etc…).

 

Foto : Google Images

Selección Española Femenina de Basquet, campionas de Europa

Nun ano no que se está a valorar en maior medida o deporte feminino e no que todos estamos tan sensibilizados co tema da igualdade, hai que recoñecer o tremendo papel da Selección Española Femenina de Basquet, que derrotaba a Francia na final por un apabullante 86-66. As rapazas españolas non saben o que é baixar do caixón do podio dende que Fran Mondelo colleu as rendas a comezos da década, (tricampeona de Europa en 2013, 2017 e 2019, subcampeona do mundo en 2014 o subcampeona olímpica no 2016), e conseguen con este, o seu segundo Eurobasquet consecutivo. Un logro do que só pode presumir a potente selección da Unión Soviética do 1991. Por iste motivo non podemos máis ca subilas o noso cadro de honra e formar parte das “nosas estrelas” da semana. 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies