CRÓNICA : TERCEIRA DERROTA DA TEMPADA DO FISOBER QUE DA UN PASO ATRÁS NAS OPCIÓNS DE SER CAMPIOAS.

PREFERENTE GALICIA

Paula Fandiño fixo o gol do empate momentaneo.

 

FISOBER FSF 1-2 FS CIDADE DE PONTEVEDRA

FISOBER: Sharay, Nuriña, Paula Fandiño, Patri, Andrea. Tamén xogaron: Saray, Myre, Nai.
CIDADE: Helena, Leti, Heba, Carmen, Ana. Tamén xogou: Sandra.

ÁRBITROS: Brais Loureiro, Manuel Zarauza.
GOLES: 0-1 min 2 Ana, 1-1 min 19 Paula Fandiño, ( descanso), 1-2 min 32 Leti.
INCIDENCIAS : Partido correspondente a 27ª xornada de Liga Autonómica – Preferente Galicia disputado na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría.

 

O Cidade de Pontevedra atragantouselle o Fisober.

 

CRÓNICA

A segunda derrota da tempada coma local do Fisober e a terceira da tempada fíxoas caer do liderato e deixas despois de toda a tempada sen depender delas mesmas para acadar ó título a falla de tres xornadas. Era sabido que ó Cidade é un equipo con ampla experiencia e moi perigoso sen presión coma así amosou en Dumbría, unindose ó Vilalba coma o único equipo quen de gañar as costeiras.
Chegaban con moitas baixas ambos equipos, polo Fisober faltaban Barca, Ana e Adriana. Non puido comezar peor o partido para o Fisober xa que no minuto dous Ana poñía en vantaxe as visitantes e facía remar contra corrente as costeiras.

Algo que fixo que as de Fran Toba estiveran moi atenazadas e en ningún momento estiveran cómodas sobre a pista. Os nervios superaron as do Fisober. As do Cidade esperaron en media pista o que fixo que as locais apenas tiveran ocasións. No minuto 19 cando chegábamos case o tempo de lecer Paula Fandiño anotaba o gol do empate que daba folgos e novos bríos as locais. A volta de vestiarios o guión segueu a ser o mesmo, cunhas locais incómodas e buscando demasiado xogo directo que non era satisfactorio na busca do triunfo.

As visitantes veteranas nestas guerras esperaron a súa en media pista sabedoras de que nalgún momento podía chegar.
No minuto 32 era Leti a que voltaba a poñer en vantaxe as visitantes e tirar un xarro de auga fría sobre as de Fran Toba. De novo os nervios nas costeiras na busca de polo menos ó empate con máis corazón ca cabeza. O final ó Fisober non puido sacar nin un puntiño que as mantivera no liderato e dependendo de elas mesmas.

A vindeira xornada de novo coma locais o Fisober recibe a visita doutro perigoso rival como é o At. Arnoia, un conxunto moi similar ó Cidade.

-Fotos e Texto : Prensa Fisober FSF