CRÓNICAS 27ª XDA DA 3ª GALEGA FEMININA G2 : “O DUMBRÍA ENCÁRASE HACIA O TÍTULO CO EMPATE DO CORME”.

 

Aquí tedes tódalas crónicas cos comentarios dos adestradores. De antemán agradecer a tódolos colaboradores as suas aportacións para facer estas crónicas tan extensas e con diferentes puntos de vista, así como a aportación de fotos para ilustrar os comentarios. Se falta algún comentario colgarémolo aquí cando nos chegue, polo que as crónicas non están pechadas ata ter todos. Si como nós decides algún/ha que o cabo de toda semana seguimos sen poñer algún comentario, é porque non nos foi enviado. 

 

-CRÓNICAS 27ª XORNADA-

O empate do Corme en Negreira sumado a vitoria do Dumbría ponlle moi de cara o título de campionas as dumbriesas, xa que as comelanas que reciben para a semana ao Bergantiños, vistan despois o Dumbría para acabar descansando. pola sua banda as dumbriesas visitan o Muxía para a semana, reciben o Corme e acaban vistando a un Corcubión ao que se lle está a facer longa a tempada. Por outra banda o Ponteecso aproveita a derrota do Muxía en Carballo para abrir fenda na loita pola terceira praza, que teñen na man.

Aproveitar para felicitar ao adestrador do Muxía, José “Congui”, que esta pasada xornada non puido estar cas suas, e foron dirixidas polo seu compañeiro de tandem, Isma Pose. O motivo que Congui foi papá por segunda vez. A nosa noraboa para él a sua dona Silvia e a nova muxiana, Iria.

Tamén darlle moitos ánimos a xogadora do Cerqueda, Alba, que segundo nos comentan sufre unha rotura dos ligamentos do xeonllo. Que teña unha recuperación do milloriño. As compañeiras adicáronlle a vitoria sobre o Dubra.

 

AD Nicrariense 1-1 Corme CF

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido moi importante para levantarnos do duro golpe da derrota do Derbi, pero que non fomos quen de dar ese pasiño adiante que deberíamos. Xogamos contra un equipo encerrado atrás que buscaba contragolpear a partir dos nosos erros, Ainda así encontrábamos líneas de pase a partir de circulación de balón, pero faltounos intensidad e sobre todo verticalidad na última línea para facerlles daño de verdad. E sería nun córner a falta de 10 min donde conseguiríamos adiantarnos, pero no saque de centro, colgarían un balón que non defendemos ben, e na segunda xogada dese balón cometeríamos un penalti claro que a pesar de que Belén adivinaría o lado e incluso conseguira tocar o balón, igualaría o marcador de novo. Aí sí apareciu a intensidad que nos faltou durante todo o partido e generamos mais ocasións en 10 min que o resto do partido, tendo unha ocasión nun córner que se iría fora por pouco. Toca resetear, intentar cambiar o chip e acabar da mellor maneira posible o ano para non quedarnos cun mal sabor de boca nun ano increíble deste gran vestuario.

Corme CF : Belén; Lucía (Laura), Aroa, Ana (Nerea); Candela, Olalla, Irene, Natalia, Cris, Carla e María. Tamén xogaron: Salomé e Aurora.

Goles : 0-1, Nerea, (79´); 1-1, Noa, (81´de penalti)

Árbitro : Juan José Otero. Non amosou ningún cartón.

 

Próximos encontros

UD Corcubión-AD Nicrariense

Corme CF-Bergantiños CF B

 

******

 

CF Dumbría 8-1 Cabana SD

Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) : “Seguimos coa sensación de chegar o final da temporada no punto máis alto a nivel colectivo e futbolístico, empezamos o partido muy concentradas e enchufadas e eso faría que recuperaramos rápido balóns e acertar na toma de decisións e na ocupación dos espacios, dominamos pronto o partido tanto en xogo coma no marcador, contra un cabana que o intentaba ainda que non fora fácile incluso tendo o premio do gol nunha boa recuperación cerca da nosa área, pero e un dos partidos onde sintes que da igual quen esté enfrente que aparte de decidir ben nos salía todo o que intentabamos. Quero destacar a actuación de Miriam, a porteira do Cabana, que a pesar do resultado fixo un muy bo partido así coma as súas compañeiras que non pararon de intentalo. Pola nosa parte esperamos seguir con este ritmo e este nivel hasta rematar a temporada“.

José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido sin historia. O Dumbría impúxose claramente desde o primeiro minuto a un desconocido Cabana que non estivo o nivel acostumbrado e viuse desbordado polo bo xogo local”.

CF Dumbría : Lissette, Noa, Paula Carril, Lucía, María das Carisas, Sabela, Eva Lema, Claudia, Paula Fandiño, Kelly e María. Tamén xogaron : Juliete, Serena, Yolanda, Lara e Reyes.

Cabana SD : Miriam, Alison (Jessie Rojo), Sheila (Begoña), Aroa, Valeria (Nuria), Iria (Jessie Pose), Inma, Alejandra, Saray (Natalie),Irene, Adriana.

Goles : Eva Lema, (4), María, Kelly, Claudia e Inmaculada en propia porta. Polo Cabana marcou Irene no 36 o que era o 5-1.

Árbitro : Luis M. Insua. Amonestou a Irene do Cabana.

 

Próximos encontros

CF Muxía-CF Dumbría

Cabana SD : Descansa

 

******

 

EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” 4-0 Outes FC

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido no que fomos moi superiores ante un equipo que vai mellorando moito, xa non é o da primeira volta. De todos modos costounos abrir o marcador e o final unha xusta vitoria e que fan que sigamos ir crecendo e que o traballo sigue dando os seus froitos”.

Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Partido o meu parecer moito mais igualado do que reflicte o marcador final. Empezabamos presionando moito as rapazas do Camariñas e convertíase a primeira parte nunha loita moi limpa sempre no medio campo. Nun balón en longo logran elas meter o primeiro, pero non baixamos os brazos e na seguinte respondiamos con unha gran ocasión que saca unha defensa riba da liña. Continuou todo igual ata o minuto 60, donde a nosa porteira demostrou o que vale sacando varios man a man pero que unha falta na frontal pon distancia no marcador. A partir de aí, por diversos motivos o partido foise de si“.

EFC Camariñas “Juan Cabrejo” : Karen (Desiré), Laura Garrote, Rocío, Rosana, Saray, Laura Pose, Nuria, María, Elena (Lara), Maira (Daniela) e Paula Mouzo (Cris Lorenzo).

Outes FC : Lía, Claudia Carou, Alicia, Uxía, Erika, Nati, Carla, Carmen, Paula, Sole, e Natalia. Tamén xogaron : Lara, Sofia, Valeria, Laura e Mariña.

Goles : 1-0, Paula, (23´); 2-0, Nuria, (66´); 3-0, Paula, (68´); 4-0, Saray, (72´ de penalti).

Árbitro : Óscar Rey. Amonestou os dous técnicos locais e o visitante.

 

Próximos encontros

UD Cerqueda-UD Corcubión

Ponteceso SD-EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”

 

******

 

O equipo adicoulle a vitoria a Alba que sfreu unha lesión grave de xeonllo.

 

SD Dubra 0-1 UD Cerqueda

Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido moi disputado, nun campo no que calquer fallo pode costar o partido.
As rapazas fixeron un moi bo partido, sin conceder apenas ocasións as rivais. O gol da victoria foi de Tania, nun saque de esquina. Partido moi especial para ela, polo que gol moi especial tamén. Tres puntos o traballo que realizan estas rapazas semana a semana”.

UD Cerqueda :  Mariña, Jimena, Uxía, Tania, Tatiana, Irene, Lorena, Vanesa, Raquel, Uxía Casal e Inés. Tamén xogaron : Sara, Sonia e Carla.

Goles : 0-1, Tania, (29´).

Árbitro : Marco Alejandro Castro. Amosou a visitante Tania.

 

Próximo encontro

UD Cerqueda-Outes FC

CF Noia B-SD Dubra

 

******

 

O Noia B levouse os puntos da Picota no derbi de proximidade.

 

CF Mazaricos 1-4 CF Noia B

Juan Tuñas “Rachón”, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido malísimo o que fixemos en todos os sentidos. Salimos durmidas, non eramos intensas e deixamos que a rival nos sometese. De non ser por valeria o resultado seria inda moito mais abultado. Solo queda pensar no seguinte que nos toca que é a copa e intentar facer un bo papel. Darlle a noraboa as do Noia que sin duda fixeron un partido impecable“.

CF Mazaricos : Luz María, Alicia, Sofía, Noa, Carla, Candela, Laura, Paula, Aldara, Myriam, e Mecía. Tamén xogaron : Aitana, Alexandra, Kayla, Daniela e Alba.

Goles : 0-1, María, (19´); 0-2, Xiana, (23´); 1-2, Silvia, (37´); 1-3, María, (39´); 1-4, Daniela, (83´).

Árbitro : Manuel Trillo. Amonesta a mazariquense Valeria.

 

Próximo encontro

CF Noia B-SD Dubra

SD Fisterra-CF Mazaricos

 

******

 

Festival de goles antre carballesas e muxianas.

 

Bergantiños FC B 5-4 CF Muxía

Isma Pose, (Adestrador do CF Muxía) : “A espera do comentario…”.

Bergantiños FC B : Sofía, Aroa, Sara, Amelia, Ainhoa. Clara, Jimena, Erika, Carla, Arancha, Aroa García. Tamén xogaron : Aisha, Iria e Andrea.

CF Muxía : Sheila, Marcela, Marta, Andrea Domínguez, Sara Haz, Denise, Irene, Nerea, Patri Romaní, Raquel, Andrea Insua. Tamén xogaron :  Nuria, Claudia, Paula e Sara Domínguez.

Goles : 1-0, Arancha, (2´); 1-1, Patri Romanía, (26´); 2-1, Erika, (37´); 2-2, Patri Romaní, (44´); 2-3, Patri Romaní, (55´); 3-3, Clara, (65´); 4-3, Carla, (76´); 5-3, Clara, (desconto); 5-4, Paula, (desconto).

Árbitro : Felipe Gómez. Amonestou a Amelia e Jimena do Bergan e a Nuria do Muxía.

 

Próximos encontros

Corme CF-Bergantiños FC B

CF Muxía-CF Dumbría

 

*****

 

Saúdo dos dous equipos no medio do campo.

 

Ponteceso SD 5-1 UD Corcubión

Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) :As de Ponteceso recibían na súa casa as do Corcubión nun partido importante para asegurar a terceira posición e para redimirse no resultado da primeira volta. Moi bo partido das de Curro cun xogo combinativo propiciado polo ritmo do partido o cal se viu resposto pola numerosa aficción do Pinguel. As locais abrirían o marcador antes do primeiro cuarto de hora. Eva saca de córner, Andrea peina o balón que rematará Oanes para anotar o primeiro. Cinco minutos despois chegaría o segundo dunha xogada, pola banda, de Oanes. Tras pasar Eva, lanzarían Myre e a killer Andrea sendo das dúas veces frenado pola gardameta pero a terceira Noemí poñería o 2-0. Un minuto despois tras o saque de medio Andrea fíxose co balón para marcar o terceiro. Antes do tempo de lecer a killer pontecesana anotaba o segundo na súa conta persoal e o cuarto do encontro.

Na segunda parte as de Ponteceso seguíano intentando con boas ocasións de Claudia e Noemí pero a gran actuación da porteira visitante impediu que acabasen en gol. A portería local estivo a piques de quedar a cero pero tras un erro da defensa o Corcubión entraría no partido no minuto 74′ cun gol de Alexandra Cerraría o partido Muíño de falta dende o medio do campo. Un 5-1 no que o Puenteceso foi moi superior e sobre todo que se conseguiu xa afianzar a terceira posición e poder incluso pensar no segundo posto. Agora, o mércores, toca disputar a Copa da Costa co Cerqueda e o domingo de novo data importante fronte o Escolas Juan Cabrejo“.

Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “Tipico partido post San Marcos onde non saen as cousas”.

Ponteceso SD : María (Colores 46′), Lara,Ainhoa, Myre (Silvia 46′), Berdeal (Saray 65′), Eva, Muíño, Andrea (Laura R 58′), Noemí (Lucivili 65′), Oanes, Claudia.

UD Corcubión : Alexia, Elisa, Alexandra, Marta, Carla, Cristina, Helena, Elena, Andrea, Daniela e Paula. Tamén xogou : Ana.

Goles : 0-1, Tania, (29´).

Árbitro : Óscar Núñez. Non amosou cartóns.

 

Próximo encontro

UD Corcubión-AD Nicrariense

Ponteceso SD-EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”

 

 

Descansou : SD Fisterra

 

*****

 

-CLASIFICACIÓN-

1º Dumbría : 66

2º Corme : 63*

3º Ponteceso : 59

4º Muxía : 52*

5º Bergantiños : 44

6º Mazaricos : 43

7º Juan Cabrejo : 41

8º Cabana : 25*

9º Fisterra : 24

10º Nicrariense : 23

11º Dubra : 21

12º Noia B : 19

13º Cerqueda : 15

14º Outes : 3

 

*Os equipos con asterisco teñen un encontro máis.

 

PREVIA DAS COPAS DA COSTA : PREME AQUÍ

 

COPA DA COSTA FEMININA

-Oitavos de Final-

Mércores 01/05/2024

UD Cerqueda-Ponteceso SD, ás 18:30 horas

CF Dumbría-ED As Miúdas, ás 18;30 horas

CF Muxía-EF C Camariñas “Juan Cabrejo”, ás 16:00 horas

Xallas FC-UC Cee, ás 18:00 horas

OutesFC-CF Mazaricos, ás 19:30 horas

UD Corcubión-SD Fisterra, ás 18:00 horas

-Comentarios : Os adestradores

-Foto Mazaricos : Jorge Villar “Gorrión”

-Montaxe e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”

-Foto Cerqueda : Dani García

– Foto Muxía : Marina Busto