O ANÁLISE FIN DE LIGA DA 3ª DA COSTA, (Terceira Galicia G4) :

 

Aproveitando o parón das ligas tanto de fútbol coma de fútbol sala, tanto masculinas como femininas, imos a facer un estudo de datos sobre cada unha delas comezando polas de fútbol con equipos da costa, ou equipos que teñen un seguimento importante na nosa web : Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa, 3ª da Costa, Ligas de Fútbol Feminino, División de Honra de Veteranos e 1ª Galicia de Veteranos, en senior, así como das ligas de base de Xuvenís, Cadetes, Infantís e Fútbol 8. Para logo tratar todo o futsal feminino e masculino.

 

 

3ª DA COSTA, (Terceira Galicia G4)

O FC Camariñas foi o campión desta liga na que gran parte da mesma foi cosa de dous, eles e o Outes CF que  estivo a un encontro de ser o campión, pero a fortaleza dos camariñáns en toda a liga, agás nun encontro, no que o CD Nantón lle sacou as cores no “Hermanas Patiño”, (0-4), no resto foi o equipo a batir. Os dous enfrontamentos antre outeses e camariñáns, caeron do lado dos de Camariñas, o que o final foi determinante. Namentras o campión foi o equipo máis goleador, o outés, foi o máis infranqueable con tan só 10 goles encaixados. Pola promoción só houbo dúbidas dende os derradeiro tercio do campionato por un dos postos que ao final se levou o SD Camelle en detrimento do Sporting Seaia CF. As numerosas lesións foron a tónica da liga, en especial nos equipos que quedaron na zona baixa. 

Esta é a segunda liga das de fútbol modesto en seguimento na nosa web trala Liga da Costa, (antre 30.000 e 42.000 visitas),  segundo a nosa base de datos, que nos di, que cada semana de maneira direta nas nosas crónicas, por enriba dos 25.000 usuarios, e habendo superado en algunha ocasión os 30.000, abren a nova, para ver os comentarios dos encontros dos nosos colaboradores : Berto Suárez, (FC Camariñas), Miguel da Laracha, (Outes CF), Juan Porrúa, (UD Monte Louro), Fachal, (CD Nantón), José Antelo, (SD Laxe), José Manuel Ordóñez, (SD Camelle), José M. Da Silva, (Sporting Seaia CF), Sergio “Crejo”, (CF Castrelo), Sergio Varela, Castiñeiras e Javi Baña, (CF Porteño), Carlos Lema e Antón Lestón, (UD Corcubión), é Fernando Domínguez, (SD Ameixenda).

Analizamos aquí como quedou a liga e tódolos seus datos, e o que teñen por diante cando se retome a competición, os equipos que van a promoción. 

 

-Resultados derradeira xornada, (22ª)- 

(Derradeira da liga regular)

07-08/03/2020

Sporting Seaia CF 0-4 UD Monte Louro

FC Camariñas 4-1 CF Castrelo   

 SD Laxe 3-1 SD Camelle  

 CF Porteño 4-1 UD Corcubión

SD Ameixenda 1-4 CD Nantón

Descansa : Outes CF

 

DATOS DA LIGA

-Equipo Campión : FC Camariñas con 50 puntos

-Subcampión : Outes CF con 48 puntos

-Promocionan : UD Monte Louro, (42 puntos), CD Nantón, (33), SD Laxe (32), SD Camelle, (23),

-Total goles : 399

 –Equipo máis goleador : FC Camariñas con 64

-Equipo menos goleador : SD Ameixenda con 13

-Pichichi : Brandon, (FC Camariñas) e Josiño, (CD Nantón) ambos con 19

-Equipo menos batido : Outes CF con 10

 -Equipo máis batido : SD Ameixenda con 70

 -Equipo con máis vitorias : FC Camariñas con 16  

-Equipo con máis empates : SD Camelle con 8

 -Equipo con menos derrotas : FC Camariñas, Outes CF e UD Monte Louro, con 2 

 

O CAMPIÓN

FC Camariñas, (Foto : Lara López)

 

FC Camariñas 

Xogadores : Brais, Javi Antelo, Barreiro, Brandon, Roi Carril, Soule, Óliver, Carlos, Antonio, Rodrigo, Pablo Novo, Manuel Pasantes, Mickael, Pablo Suárez, Martín, Nico, Jesús, e Daniel.

Técnicos : Berto Suárez e Abel Barcia

Delegado : Miguel Ángel Carril

Presidente : Vicente Carril

 

CLASIFICACIÓN 

 

 

 

PICHICHI

1º : Brandon, (FC Camariñas) : 19 goles en 18 encontros, (1,0556 por encontro)

1º : Josiño, (CD Nantón) : 19 en 18 encontro, (3 p), (1,0556 por encontro)

2º : José “Pesco”, (UD Monte Louro) : 14 en 13 encontros, (1,0769 por encontro)

3º : Juan Martín, (SD Laxe) : 14 en 19 encontros, (1 p), (0,7368 por encontro)

4º : Martín, (FC Camariñas) : 12 en 17, (0,759 por encontro)

5º : Iago Lema, (UD Corcubión) : 12 en 18, (2 p), (0,667 por encontro)

 

PROMOCIÓN DE ASCENSO

(Ida 1ª Eliminatoria)

SD Laxe-CD Nantón 

 SD Camelle-UD Monte Louro

 

O QUE TEÑEN POR DIANTE

Tan só queda por diantea promoción na que tale como podedes ver máis arriba o SD Laxe recibirá no “Cabo d´area” ao CD Nantón e o SD Camelle no “Rodeiro”ao UD Monte Louro, para unha semana despois nantoneses e loureses reciban a laxenses e camelláns na volta e saber quenes xogarán a eliminatoria final que da acceso a Liga da Costa 2020/21. O resto de equipos terán por diante a Copa da Costa.

 

 

OUTRAS ANÁLISES QUE LEVAMOS FEITO

FÚTBOL MASCULINO SENIOR

-Preferente Norte : PREME AQUÍ

-1ª Galicia G2 : PREME AQUÍ

-Liga da Costa, (Segunda Galicia G2) : PREME AQUÍ

3ª Da Costa, (Terceira Galicia G4) : PREME AQUÍ

-División de Honra de Veteranos “Costa da Morte” : PREME AQUÍ

 

FÚTBOL BASE

-Xuvenís da Costa, (1ª Autonómica Xuvenil G2) :PREME AQUÍ

 

FÚTBOL FEMININO

-2ª División Galega Feminina G1 : PREME AQUÍ

 

FÚTBOL SALA FEMININO

-2ª División Nacional Feminina G1 : PREME AQUÍ

-Preferente Galicia FSF, (Liga Autonómica FSF) : PREME AQUÍ

 

Agradecer unha e mil veces a colaboración de tódolos adestradores e colaboradores, e o seguimento dos milleiros de usuarios da nosa web.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.