O ANÁLISE DA LIGA E DOS EQUIPOS COSTEIROS DA 1ª GALICIA G2 :

 

Aproveitando o parón das ligas tanto de fútbol coma de fútbol sala, tanto masculinas como femininas, imos a facer un estudo de datos sobre cada unha delas comezando polas de fútbol con equipos da costa, ou equipos que teñen un seguimento importante na nosa web : Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa, 3ª da Costa, Ligas de Fútbol Feminino, División de Honra de Veteranos e 1ª Galicia de Veteranos, en senior, así como das ligas de base de Xuvenís, Cadetes, Infantís e Fútbol 8. Para logo tratar todo o futsal feminino e masculino.

 

 

1ª GALICIA G2

Nesta liga temos como equipos con maior seguimento ao : SD Soneira, CF Dumbría, CD Baio, CF Mazaricos, Volantes de Baño CF e SD Tordoia. Unha liga que cada semana de maneira direta nas nosas crónicas seguen por enriba dos 18.000 usuarios, que abren as novas, para ver os comentarios dos encontros dos nosos colaboradores, os adestradores : Pedro Gómez, (SD Soneira), Pablo Conde, (CF Dumbría), Bruno, (Delegado do CD Baio), Chicho, (CF Mazaricos), José Manuel “Sil”, (Volantes de Baño CF, ata a sua destitución fai duas xornadas) e Dani Calvete, (SD Tordoia). 

Analizamos aquí como están os equipos, a liga, e o que teñen por diante cando se retome a competición, con moito por ainda que leirar.

 

-Resultados derradeira xornada, (25ª)- 

(Equipos “Zona Pirata”)

CF Mazaricos 0-1 Cordeiro CF

Esclavitude SD 2-3 SD Soneira 

SD Agolada 2-3 SD Tordoia

Volantes de Baño CF 0-2 CD Unión 

CF Dumbría 1-3 CD Lalín 

 CD Baio 3-2 Flavia SD

 

CLASIFICACIÓN

 

 

26ª xornada

(Equipos “Zona Pirata”)

 SD Soneira-Cordeiro CF

 SD Tordoia-Esclavitude SD

SD Piloño-Volantes de Baño CF

Flavia SD-CF Dumbría

CD Baio-CFMazaricos

 

O QUE TEÑEN POR DIANTE

Excelente a tempada do SD Soneira, (2º), lider do campionato en moitas xornadas e actualmente colider da competición xunto co SD O Pino, ambos con 46 puntos, e igualmente excelente a do CF Dumbría, que tamén chegou a ser lider varias xornadas e que nestes intres situase 3º, a 2 puntos de pineses e vimianceses. Os tres equipos costeiros seguirán na loita por todo, sexa o título, o ascenso direto ou a promoción, algo para o que tamén ten papeletas no que resta de tempada un impresionante SD Tordoia, a 6 puntos, duas vitorias, do liderato, ocupando a 5ª praza e con dereito a soñar para os 3. O CD Baio nunha 11ª posición, cómoda, pero terá que seguir na liña para certificar un ano máis na categoría, e o CF Mazaricos e Volantes de Baño CF, na loita por escapar do decsenso e dos posibres “arrastres”, amosando unha notable melloría nas derradeiras xornadas. Os de Baño trala destitución de José Manuel “Sil”, gañaron un encontro con él no banquiño, xa destituido” e co novo adestrador, Santi, veñen de caer na derradeira xornada ante o CD Unión, pero de derrotar ao lider SD O Pino na anterior, o que lles da moita moral. 

Quedan por diante un total de 9 xornadas nas que se dirimirá o sitio de cada un deles, ca nosa esperanza que sexa o mellor posible para todos eles.

 

Calendario : PREME AQUÍ

 

Agradecer unha e mil veces a colabroración de tódolos adestradores e o seguimento dos milleiros de usuarios da nosa web.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies