O ANÁLISE DA LIGA E DOS EQUIPOS GALEGOS DA 2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA DE FÚTBOL SALA G1 :

 

Aproveitando o parón das ligas tanto de fútbol coma de fútbol sala, tanto masculinas como femininas, imos a facer un estudo de datos sobre cada unha delas comezando polas de fútbol con equipos da costa, ou equipos que teñen un seguimento importante na nosa web : Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa, 3ª da Costa, Ligas de Fútbol Feminino, División de Honra de Veteranos e 1ª Galicia de Veteranos, en senior, así como das ligas de base de Xuvenís, Cadetes, Infantís e Fútbol 8. Para logo tratar todo o futsal feminino e masculino.

 

 

2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA FÚTBOL SALA G1

Nesta liga na que mandan os equipos galegos, temos como equipos con maior seguimento ao Viaxes Amarelle FSF e O Fisgón Futsal, así coma o Comarcal a Fervenza FSF. Unha liga que segundo a nosa base de datos, cada semana de maneira direta nas nosas crónicas seguen por enriba dos 7.000 usuarios, que abren as novas, para ver os comentarios dos encontros dos nosos colaboradores : José Núñez, (Viaxes Amarelle FSF), e María Vieira, (Departamento de prensa O Fisgón), e durante os derradeiros anos, o xa ex responsable de prensa do Comarcal a Fervenza FSF, Adán Puentes. 

Analizamos aquí como están os equipos, a liga, e o que teñen por diante cando se retome a competición, con moito por ainda que leirar.

 

Viaxes Amarelle FSF

 

-Resultados derradeira xornada, (18ª)- 

Viaxes Amarelle FSF 9-0 Ribamontán al Mar

O Fisgón Futsal 1-2 UDC Txantrea

Comarcal a Fervenza FSF 2-2 Promesas

EDF Valdetires Ferrol FSF : Descansou

 

CLASIFICACIÓN

 

 

O Fisgón Futsal

 

19ª xornada

Ourense Envialia “B”-Viaxes Amarelle FSF 

Rodiles FSF-O Fisgón Futsal

Universidad de Valladolid-Comarcal a Fervenza FSF 

EDF Valdetires Ferrol FSF -Muslera FSF 

 

O QUE TEÑEN POR DIANTE

Excelente a tempada a do Viaxes Amarelle FS, O Fisgón Futsal e o Valdetires Ferrol FSF. As hervulinas con 18 xornadas gastadas son o único equipo que segue invicto con 16 encontros xogados dos que 14 acabaron en vitoria e 2 en empate, con 99 goles a favor e tan só 19 en contra. A zaga por detrás veñen as pontevedresas do O Fisgón Futsal a 6 puntos das coruñesas cun encontro máis, con 12 encontrs gañados, 2 empatados e tan só 3 perdidos, o derradeiro ante o Txantrea, inxustamente e con mala foruna no derradeiro segundo do encontro e de rebote nunha xogadora pontevedresa. Por detrás o podio galego desta categoría complétao o Valdetires FErrol FSF con 34 puntos, a 10 das líderes e a 4 das de Pontevedra, pero cun encontro menos, xa alonxadas destes puntos, pero non das posicións de arriba, están as naronesas do Comarcal A Fervenza FSF que teñen a zona de perigo a 9 puntos, situándose na 6ª praza con 23 puntos, nunha zona na que se corta a clasificación coa loita polo ascenso, FSF O Castro a 2 puntos na 5ª praza, pero xa a 7 do cuarto o EDC Txatrea, pero con opcións a meterse de aquí o final na promoción.

Quedan por diante un total de 8 xornadas nas que se dirimirá o sitio de cada equipo, ca nosa esperanza que sexa o mellor posible para as nosas e que a derradeira xornada na que se enfrontarán o Viaxes Amarelle FSF e o O Fisgón Futsal na Coruña sexa de disfrute para ambos equipos e con todo solucionado por ambos.

 

Calendario : PREME AQUÍ

 

OUTRAS ANÁLISES QUE LEVAMOS FEITO

 

Fútbol Masculino

-Preferente Norte : PREME AQUÍ

-1ª Galicia G2 : PREME AQUÍ

Fútbol Feminino

-2ª División Galega Feminina G1 : PREME AQUÍ

 

Agradecer unha e mil veces a colaboración de tódolos adestradores e colaboradores, e o seguimento dos milleiros de usuarios da nosa web.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.