Aproveitando o parón das ligas tanto de fútbol coma de fútbol sala, tanto masculinas como femininas, imos a facer un estudo de datos sobre cada unha delas comezando polas de fútbol con equipos da costa, ou equipos que teñen un seguimento importante na nosa web : Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa, 3ª da Costa, Ligas de Fútbol Feminino, División de Honra de Veteranos e 1ª Galicia de Veteranos, en senior, así como das ligas de base de Xuvenís, Cadetes, Infantís e Fútbol 8. Para logo tratar todo o futsal feminino e masculino.
PREFERENTE GALICIA FÚTBOL SALA FEMININO
(Liga Autnómica)
Esta é a segunda liga máis seguida na nosa web, trala 2ª División Nacional Feminina G1, que ten moito tirón polo Viaxes Amarelle FSF. Un dos puntos de máis siareiros na nosa web está na Costa da Morte ca presenza do Fisober FSF, cas crónicas de Luis Sambad, e na Coruña polo Academia Red Blue 5 Coruña, con Sergi Blanco, así coma o Viaxes Amarelle FSF “B”, con José Núñez como cronista. Noutrora tíñamos moitos seguidores na zona de Narón co filial do Comarcal A Fervenza da man de Adán Puentes cos seus comentarios dos encontros das “rosiñas”.
Segundo a nosa base de datos, esta liga, cada semana é seguida de maneira direta abrindo a nova o completo por enriba dos 10.000 usuarios
Analizamos aquí como están os equipos, a liga, e o que teñen por diante cando se retome a competición, con moito por ainda que leirar.
-Resultados derradeira xornada, (21ª)-
Gri Carballiño FS 0-8 Leis Pontevedra San Narciso
Cervecería Cervela Estrada Futsal 3-7 Viaxes Amarelle FSF “B”
FS Didade de Pontevedra 4-2 EDM Salceda
Vilalba FS 1-5 SD A Gaiola
Fisober FSF 2-4 Terra de Celanova FSF
Cidade das Burgas FSF “B” 2-4 Pizzería Bahía/Monterroso FSF
Academia Red Blue 5 Coruña 2-5 Bembrive
FS OrtegalOil/A Fervenza Narón/Ferrol “B” 1-2 Alonso & Serodio Vigo FS
CLASIFICACIÓN
22ª xornada
Viaxes Amarelle FSF “B” – Leis Pontevedra San Narciso
EDM Salceda – Cervecería Cervela Estrada Futsal
SD A Gaiola – FS Cidade de Pontevedra
Terra de Celanova FSF – Vilalba FS
Pizzería Bahía/Monterroso FSF – Fisober FSF
Bembrive – Cidade das Burgas FSF “B”
Alonso & Serodio Vigo FS – Academia Red Blue 5 Coruña
FS OrtegalOil/A Fervenza Narón/Ferrol “B” – Gri Carballiño FS
O QUE TEÑEN POR DIANTE
Moito ainda por xogar nesta liga na que as “nosas”, están antre a zona dore e a loita por evitar o desenso a Provincial. As mellores situadas, o Viaxes Amarelle FSF “B”, que ocupa a 4ª praza e buscarán quedar o máis arriba posible, xa que matematicamente non están descartadas pola loita polo título, que da opción ao ascenso, teñen o lider Terra de Celanova FSF e o segundo Bembrive FSF, ambos con 57 puntos a 18. O Fisober FSF está moi preto de certificar a permanenza con 30 puntos na 8ª praza e con 11 por enriba do descenso. As dumbriesas terán neste treito final a loita por evitar a caida de categoría. Maís dura será a loita do Academia Red Blue 5 Coruña que con 21 puntos na 12ª praza, son os que marcan a salvación, con 2 sbre o Pizzería Bahía/Monterroso FSFe 3 sobre o Cidade das Burgas FSF “B”, ambos en descenso. Xa con moi poucas opcións, con tan só 7 puntos o Ortegal Oil/A Fervenza FSF Narón-Ferrol “B”, e xa descendido o Gri Craballiño FS, que ten o “triste” record de non ter sumado nen un só punto en 21 encontros.
Quedan por disputar un total de 9 xornadas, 27 puntos tanto na loita polo título, que é cousa de dous, Terra de Celanova FSF e Bembrive FS e polo descenso que parece cousa de 5 equipos, SD A Gaiola, (26 puntos), EDM Salceda, (24), Academia Red Blue 5 Coruña, (21), as portas, e en descenso, Pizzería Bahía/Monterroso FSF, (19), que hai que ter en conta que ten un encontro menos e que podería meter as herculinas no descenso, e Cidade das Burgas FSF “B”, (18). Non se poden durmir, Fisober FSF, (30 puntos) e Alonso & Serodio Vigo FS, (29), que ten pendente o encontro ante o Monterroso FSF. Hai moitos enfrontamentos diretos o que fará que cada punto sexa “ouro” para unhas e outras.
Calendario : PREME AQUÍ
A RFGF ANUNCIA QUE SE XOGARÁN TÓDALAS LIGAS
OUTRAS ANÁLISES QUE LEVAMOS FEITO
FÚTBOL MASCULINO SENIOR
-Preferente Norte : PREME AQUÍ
-1ª Galicia G2 : PREME AQUÍ
-Liga da Costa, (2ª Galicia G2) : PREME AQUÍ
-División de Honra de Veteranos “Costa da Morte” : PREME AQUÍ
FÚTBOL BASE
-Xuvenís da Costa, (1ª Autonómica Xuvenil G2) :PREME AQUÍ
FÚTBOL FEMININO
-2ª División Galega Feminina G1 : PREME AQUÍ
FÚTBOL SALA FEMININO
-2ª División Nacional Feminina G1 : PREME AQUÍ
-Preferente Galicia FSF, (Liga Autonómica FSF) : PREME AQUÍ
Agradecer unha e mil veces a colaboración de tódolos adestradores e colaboradores, e o seguimento dos milleiros de usuarios da nosa web.
-Foto e Texto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR