O ANÁLISE DA LIGA E DOS EQUIPOS DA LIGA DA COSTA, (2ª GALICIA G2) :

 

Aproveitando o parón das ligas tanto de fútbol coma de fútbol sala, tanto masculinas como femininas, imos a facer un estudo de datos sobre cada unha delas comezando polas de fútbol con equipos da costa, ou equipos que teñen un seguimento importante na nosa web : Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa, 3ª da Costa, Ligas de Fútbol Feminino, División de Honra de Veteranos e 1ª Galicia de Veteranos, en senior, así como das ligas de base de Xuvenís, Cadetes, Infantís e Fútbol 8. Para logo tratar todo o futsal feminino e masculino.

 

 

LIGA DA COSTA, (2ª GALICIA G2)

Nesta liga a “Raiña” do fútbol costeiro por antiguedade, tradición e seguimento multitudinario segundo a nosa base de datos, que nos di que cada semana de maneira direta nas nosas crónicas por enriba dos 30.000 usuarios, e habendo superado en algunha ocasión os 40.000, abren as novas, para ver os comentarios dos encontros dos nosos colaboradores : Duda, (Cabana SD), Diego Lobelos, (Muxía CF), Miguel Chouza, (SD Castríz), Rafa Suárez, (UC Cee), Javi Souto, (UD Cerqueda), Pablo Mallón, (SD Ponteceso), Roberto, (Sporting Zas), Uxío “Geno”, (SCDR Esteirana), Alejandro “Juni”, (SD Coristanco), Miguel Rey, (CF Lira), Santi Cambón, (SD San Lorenzo), Sarillo, (CD Muros), Lelo, (Corme CF), Richard, (SCD Buño), Ángel “Rosqui”, (CD Baiñas, e anteriormente José Barca), é Adrián “Gurita”, (SCD Malpica).

Analizamos aquí como están os equipos, a liga, e o que teñen por diante cando se retome a competición, con moito por ainda que leirar.

 

-Resultados derradeira xornada, (25ª)- 

Cabana SD 3-1 Muxía CF 

SD Castríz 7-0 UC Cee 

UD Cerqueda 1-1 SD Ponteceso

 Sporting Zas 3-2 SCDR Esteirana 

 SD Coristanco 1-4 CF Lira 

 SD San Lorenzo 2-2 CD Muros

 Corme CF 4-1 SCD Buño

 CD Baiñas 0-0 SCD Malpica 

 

CLASIFICACIÓN

 

 

26ª xornada

UC Cee  Muxía CF 

SD Ponteceso – SD Castríz

SCDR Esteirana – UD Cerqueda 

 CF Lira – Sporting Zas  

CD MurosSD Coristanco  

 SCD Buño – SD San Lorenzo 

SCD Malpica – Corme CF  

 CD Baiñas  Cabana SD

 

O QUE TEÑEN POR DIANTE

Como non podía ser doutra maneira e o igual ca cada ano a Liga da Costa é un cúmulo de emocións e sensacións de principio a fin. Na loita polo título e ascenso direto son agora mesmo un total de 3 equipos en ta só 3 puntos e que cada vez que un erra temos novo lider. Neste parón o Corme CF fíxose de novo co liderato con 61 puntos, tralo empate do SD Ponteceso en Cerqueda, (1-1), que o relegou a segunda praza con 60, aspecto que non aproveitou a SCDR Esteirana que caía sorpresivamente ante o colista, Sporting Zas, (3-2), e perdía a oportunidade de coliderar a clasificación xunto cos cormeláns e quedando relegados a terceira praza a 2 dos pontecesáns e a 3 dos do Roncudo. Os 3 teñen asegurada a promocións a que este ano irán do 3º o cuarto, o segundo e terceiro diretamente.

Xa moi descolgado tras xogar con “dentes de serra” está o Muxía CF a 15 puntos dos esteiráns,17 dos pontecesáns e a 18 do lider, nas mesmas tesituras co SD San Lorenzo que os precede cos mesmos 43 puntos dos muxiáns, e tamén alternando bos e malos resultados que os privaron de loitar por todo, pero que loitarán polo o cuarto posto que da opción a promocionar co cuarto de Santiago. En terra de ninguén, UC Cee, (6º), SD Castríz, (7º e mellor debutante desta tempada), (ceenses e xalleiros poderían entrar na loita pola cuarta praza), CD Muros, (8º), SCD Malpica, (9º) e SD Coristanco, (10º). Non poden deixarse durmir, UD Cerqueda, (11º), CF Lira, (12º) e Cabana SD, (13º).

Os cabaneses pasaron de ser un equipo desafiuzado a mirar con moito optimismo a clasificación, deixando a zona máis “quente” do descenso direto a 6 puntos. Unhas prazas que ocupan neste parón o CD Baiñas, como decimos a 6 puntos dos cabaneses. Os baiñeses un equipo dos que se contaba estiveran loitando por arriba e que se foron afundindo ata prendérselles tódolos machos de fondo. Os baiñeses son os que poden poñer en perigo as eses equipos que decimos “non se poden durmir”, pois con poucas opcións para salvarse, (pero ainda con vida), están o SCD Buño, con 15 puntos a 7 dos baiñeses e 13 dos cabaneses, e o Sporting Zas, con 13 puntos, (que na derradeira xornada amosaron do que son capaces, derrotando e privando o SCDR Esteirana de estar agora mesmo no liderato), pero que se aferran a este espirito para facer unha “machada”. Baixan dous diretos, pero podería haber un arrastre.

Quedan por diante un total de 5 xornadas nas que se dirimirá o sitio de cada equipo, por arriba con maior incertidume que por abaixo, que tamén a ten e que pode crecer co paso das xornadas. Xogarase toda a competición como podedes ver no enlace do artigo que fixemos sobre este tema e que nos mandou a RFGF. PREME AQUÍ

 

Calendario : PREME AQUÍ

 

OUTRAS ANÁLISES QUE LEVAMOS FEITO

 

Fútbol Masculino

-Preferente Norte : PREME AQUÍ

-1ª Galicia G2 : PREME AQUÍ

Fútbol Feminino

-2ª División Galega Feminina G1 : PREME AQUÍ

Fútbol Sala

-2ª División Nacional Feminina G1 : PREME AQUÍ

Agradecer unha e mil veces a colaboración de tódolos adestradores e colaboradores, e o seguimento dos milleiros de usuarios da nosa web.

 

A RFGF ANUNCIA QUE SE XOGARÁN TÓDLAS LIGAS

PREME AQUÍ

 

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.