Aproveitando o parón das ligas tanto de fútbol coma de fútbol sala, tanto masculinas como femininas, imos a facer un estudo de datos sobre cada unha delas comezando polas de fútbol con equipos da costa, ou equipos que teñen un seguimento importante na nosa web : Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa, 3ª da Costa, Ligas de Fútbol Feminino, División de Honra de Veteranos e 1ª Galicia de Veteranos, en senior, así como das ligas de base de Xuvenís, Cadetes, Infantís e Fútbol 8. Para logo tratar todo o futsal feminino e masculino.
DIVISIÓN DE HONRA VETERANOS “COSTA DA MORTE”
Segunda experienza do fútbol veterano da costa como federado nesta liga, na que aglutina aos equipos da desaparecida Liga de Veteranos da Costa e na que a loita polo título e por evitar o descenso está moi emocionante. Por abaixo está decidido un descenso xa fai tempo e o para os outros dous, (se seguen as diretrices do ano pasado), hai varios equipos inmiscuidos, polo que a tensión é máxima.
Segundo a nosa base de datos, esta liga da que facemos conxuntamente o resumo da xornada semanal xunto ca 1ª Galicia de Veteranos G1, cada semana é seguida de maneira direta abrindo a nova o completo por enriba dos 17.000 usuarios
Analizamos aquí como están os equipos, a liga, e o que teñen por diante cando se retome a competición, con moito por ainda que leirar.
-Resultados derradeira xornada, (22ª)-
Cabana SD 2-2 Porteño Veteranos
CD Razo 2-1 SDCoristanco
Sporting Zas 2-1 Veteranos CF Dumbría SD
San Lorenzo 2-0 SD Soneira Veteranos
SD Corcoesto 2-3 ACD San Román
ADC De Veteranos Ponteceso 1-1 CF Mazaricos
SD Castríz 1-0 SD Sofán
CLASIFICACIÓN
23ª xornada
CD Razo – Cabana SD
Sporting Zas – Porteño Veteranos
San Lorenzo – SDCoristanco
SD Corcoesto – Veteranos CF Dumbría SD
ADC De Veteranos Ponteceso – SD Soneira Veteranos
SD Castríz – ACD San Román
CF Mazaricos – SD Sofán
O QUE TEÑEN POR DIANTE
Fermoso final de liga no que a falla de 12 puntos por disputar hai ata 4 equipos na loita polo título e ata e ata podía sumarse un máis. Manténse no liderato destacado o SD San Lorenzo con 53 puntos, 3 por enriba do Sporting Zas, sendo os dous equipos con máis rifas para levarse o título e coACD San Román, (3º), Veteranos CF Dumbría, (4º), ambos con 47, a 3 dos zacenses e 6 dos de Verdillo, e que poderían meterse de cheo na loita polo título. Podería sumarseo Soneira Veteranos con 44 puntos, pero facendo todo ben e esperando erros dos de arriba. Por abaixo o SD Sofán xa é fai moitas xornadas equipos da 1ª Galicia de Veteranos G1, con só 3 puntos en 22 encontros, e a loita por evitar as outras duas prazas de descenso, (se todo segue como ano pasado), será dura e está antre, CD Razo, (13 puntos), Cabana SD, (15), Porteño Veteranos, (18), SD Corcoesto, (22) e CF Mazaricos, (24).
Calendario : PREME AQUÍ
A RFGF ANUNCIA QUE SE XOGARÁN TÓDALAS LIGAS
OUTRAS ANÁLISES QUE LEVAMOS FEITO
FÚTBOL MASCULINO SENIOR
-Preferente Norte : PREME AQUÍ
-1ª Galicia G2 : PREME AQUÍ
-Liga da Costa, (2ª Galicia G2) : PREME AQUÍ
-División de Honra de Veteranos “Costa da Morte” : PREME AQUÍ
FÚTBOL BASE
-Xuvenís da Costa, (1ª Autonómica Xuvenil G2) :PREME AQUÍ
FÚTBOL FEMININO
-2ª División Galega Feminina G1 : PREME AQUÍ
FÚTBOL SALA FEMININO
-2ª División Nacional Feminina G1 : PREME AQUÍ
Agradecer unha e mil veces a colaboración de tódolos adestradores e colaboradores, e o seguimento dos milleiros de usuarios da nosa web.
-Foto e Texto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.