O ANÁLISE DA LIGA E DOS EQUIPOS COSTEIROS DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1 :

 

Aproveitando o parón das ligas tanto de fútbol coma de fútbol sala, tanto masculinas como femininas, imos a facer un estudo de datos sobre cada unha delas comezando polas de fútbol con equipos da costa, ou equipos que teñen un seguimento importante na nosa web : Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa, 3ª da Costa, Ligas de Fútbol Feminino, División de Honra de Veteranos e 1ª Galicia de Veteranos, en senior, así como das ligas de base de Xuvenís, Cadetes, Infantís e Fútbol 8. Para logo tratar todo o futsal feminino e masculino.

 

 

2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G1

Nesta liga temos como equipos con maior seguimento ao Bergantiños CF e o UD Paiosaco. Unha liga que segundo a nosa base de datos, cada semana de maneira direta nas nosas crónicas seguen por enriba dos 6.000 usuarios, que abren as novas, para ver os comentarios dos encontros dos nosos colaboradores, os adestradores : Gueli Cotelo, (Bergantiños CF), e David Castro, (UD Paiosaco). 

Analizamos aquí como están os equipos, a liga, e o que teñen por diante cando se retome a competición, con moito por ainda que leirar.

 

Bergantiños CF

 

-Resultados derradeira xornada, (22ª)- 

Bergantiños CF 8-0 Club Silva SD

UD Paiosaco 1-7 SD Tordoia

 

CLASIFICACIÓN

 

 

UD Paiosaco Hierros Añón

 

23ª xornada

 Bergantiños CF : Descansa

 Unión Campestre-UD Paiosaco

 

O QUE TEÑEN POR DIANTE

Excelente a tempada do Bergantiños CF que ocupa a 4ª praza con 46 puntos, os mesmos cas terceiras, CD Narón, e a 3 puntos das segundas, SD Tordoia, e das líderes, SE Abellá. As bergantiñanas gañaron 15 dos 19 encontros que levan disputados nestas 22 xornadas, empataron un e tan só perderon 3, con 83 goles a favor e tan só 21 en contra. Terceiro ano das rapazas carballesas que seguen na pugna e na loita por todo. O UD Paiosaco neste primeiro ano na competición están a amosar un gran nivel ocupando a 10ª praza, con 24 puntos, de 8 encontros gañados. Non empataron en ningún dos 19 encontros que levan xogado e perderon en 11 ocasións, con 43 goles a favor e 49 en contra. Un ano este o do debút para as rapazas de “Peisaco” no que ir collendo experienza, xa que algunhas nunca xogaran de maneira oficial, e consolidar un fermoso proxecto, o primeiro desta modalidade no clube peisaqués.

Quedan por diante un total de 8 xornadas nas que se dirimirá o sitio de cada equipo, ca nosa esperanza que sexa o mellor posible para as nosas.

 

Calendario : PREME AQUÍ

 

OUTRAS ANÁLISES QUE LEVAMOS FEITO

-Preferente Norte : PREME AQUÍ

-1ª Galicia G2 : PREME AQUÍ

 

Agradecer unha e mil veces a colabroración de tódolos adestradores e o seguimento dos milleiros de usuarios da nosa web.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.