O ANÁLISE DOS EQUIPOS COSTEIROS DA PREFERENTE NORTE :

 

Aproveitando o parón das ligas tanto de fútbol coma de fútbol sala, tanto masculinas como femininas, imos a facer un estudo de datos sobre cada unha delas comezando polas de fútbol con equipos da costa, ou equipos que teñen un seguimento importante na nosa web : Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa, 3ª da Costa, Ligas de Fútbol Feminino, División de Honra de Veteranos e 1ª Galicia de Veteranos, en senior, así como das ligas de base de Xuvenís, Cadetes, Infantís e Fútbol 8. Para logo tratar todo o futsal feminino e masculino.

 

 

PREFERENTE NORTE

Nesta liga temos como equipos con maior seguimento ao : SD Fisterra, SD Sofán, Xallas FC, Laracha CF e Atlético Arteixo, segundo a nosa base de datos. Unha liga que cada semana de maneira direta nas nosas crónicas seguen por enriba dos 15.000 usuarios, que abren diretamente os comentarios dos nosos colaboradores os adestradores : Ángel López, (SD Fisterra), Marco López, (2º de abordo do SD Sofán), David González, (Xallas FC), e Héctor Pena, (Laracha CF). 

Analizamos aquí como están os equipos, a liga, e o que teñen por diante cando se retome a competición, con moito por diante que leirar.

 

-Resultados derradeira xornada, (26ª)- 

(Equipos “Zona Pirata”)

  Boimorto CF 2-4 Laracha CF 

SD Sarriana 8-1 SD Fisterra

Xallas FC 0-0 Galicia de Mugardos

SD Sofán 2-1 Atlético Arteixo 

 

CLASIFICACIÓN

 

 

27ª xornada

(Equipos “Zona Pirata”)

 Atlético Arteixo – Boimorto CF

 Laracha CF – CD Boiro

SD Fisterra – CF Noia

Sigüeiro – Xallas FC

SD Dubra – SD Sofán

 

O QUE TEÑEN POR DIANTE

O SD Fisterra, (2º), que busca a machada do ascenso, está moi ben situado e dando un nivel extraordinario, a excepción da derradeira xornada, na que tivo un día malo. O Atlético Arteixo e o SD Sofán, a seguir na terna de estar na “zona nobre” e mirando hacia arriba, con opcións de poder meterse na promoción como premio a unha tempadaque está a ser moi boa. O Xallas FC e Laracha CF, tócalles sufrir e endereitar unha tempada para esquecer, tentando eludir o descenso tanto direto coma na zona de “arrastres”, ambolos dous nesta zona, toda a tempada e agora cos trocos na dirección con novos folgos e con motivos de melloría para seguir creendo.

Quedan por diante un total de 12 xornadas nas que se dirimirá o sitio de cada un deles, ca nosa esperanza que sexa o mellor posible para todos eles.

 

Calendario : PREME AQUÍ

 

Agradecer unha e mil veces a colabroración de tódolos adestradores e o seguimento dos milleiros de usuarios da nosa web.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.